HomesociedadeMonforte inaugura a fonte do Parque dos Condes este 31 de xullo...

Monforte inaugura a fonte do Parque dos Condes este 31 de xullo con actuación de Gin Toni´s

A inauguración da nova fonte e da urbanización da zona D, celebrarase ás 22:30 horas e contará coa actuación do grupo Gin Toni's, "nun acto pensado para que a cidadanía poida descubrir e desfrutar deste renovado espazo urbano, tranformado en novo punto de encontro", asegura o alcalde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de anunciar que a inauguración e posta en marcha da nova fonte do Parque dos Condes e da urbanización da Zona D, denominada Rúa Parque dos Condes, será o vindeiro venres, 31 de xullo. O rexedor destaca que se cumpre o compromiso de rematar estas actuacións no mes de xullo, “O Parque dos Condes estréase cunha imaxe completamente renovada e cunha fonte de cidade que está chamada a converterse nun dos grandes atractivos de Monforte, unha fonte como merece o noso Concello, unha gran fonte, unha fonte monumental, acorde coa contorna”.

A actuación no Parque dos Condes desenvolveuse sobre unha superficie de 2.850 metros cadrados. O elemento máis destacado é a nova fonte ornamental circular, cun vaso de 25 metros de diámetro, equipada con diferentes programas de funcionamento, espectáculos de auga e iluminación artística nocturna, o que permitirá ofrecer distintas combinacións visuais tanto durante o día como pola noite.

O proxecto completouse coa renovación dos pavimentos, novos paseos en pedra granítica, a instalación de novo mobiliario urbano, mais que duplicando o número de bancos existentes, pasando de 14 bancos que había antes a mais de 30 bancos que hai agora para desfrutar da sombra, e a reorganización dos espazos para favorecer o paseo, a estancia e a contemplación da fonte desde a rúa Cardeal e desde o resto do parque.

Zona D, unha nova conexión urbana

Xunto á reforma do Parque dos Condes, inaugúrase tamén a urbanización da Zona D, unha actuación que afecta a 3.200 metros cadrados. O proxecto permitiu crear un novo vial de comunicación entre ambas zonas, dotando o ámbito de todos os servizos urbanos necesarios —saneamento, abastecemento, alumeado, telecomunicacións e gas—, ademais de nova pavimentación, zonas axardinadas e mobiliario urbano.

Esta intervención elimina un espazo degradado e incorpora un novo ámbito urbano plenamente integrado na cidade, mellorando a conexión peonil e xerando novas posibilidades de desenvolvemento nesta contorna.

Para o alcalde, ambas actuacións representan “un investimento que mellora a calidade de vida da veciñanza, embelece o centro da cidade e reforza o atractivo turístico de Monforte”.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...