Homesociedade'Fóra Stocks', a feira de oportunidades de Monforte con descontos de ata...

‘Fóra Stocks’, a feira de oportunidades de Monforte con descontos de ata o 70%

Será os días 7 e 8 de agosto, contará con 19 establecementos participantes e está organizada polo CCU de Monforte.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Conta atrás para a campaña “Fóra Stocks Monforte – Comercio na Rúa“, actividade organizada polo Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte para dinamizar o comercio local da cidade.

Está programada para os días 7 e 8 de agosto e nela participan 19 establecementos asociados que ofrecerán importantes descontos nos seus propios negocios e fóra deles, neste caso sacando á rúa algúns dos seus produtos. Dende a asociación organizadora afirman que estas rebaixas “poderán superar, nalgúns casos, o 70%, convertendo esta iniciativa nunha ocasión especialmente atractiva para renovar o armario, descubrir novos produtos ou adquirir ese artigo que levamos tempo buscando a prezos moi reducidos”.

NOVIDADES PARA ESTE ANO E ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES

O ‘Fóra Stocks’ desta ano presenta unha novidade importante. A diferencia de edicións anteriores, na que a feira de oportunidades se concentraba nun único espazo –o anexo da Praza de Abastos de Monforte–, a campaña desenvolverase nos propios establecementos participantes. O novo formato provocará que a xente potencialmente consumidora percorra as rúas comerciais e visite os negocios que ofrecen os descontos, tanto no interior como nos expositores que poñerán diante dos seus negocios.

Os establecementos participantes son: Calzados Losal, Náyades, Intima’s Lencería, Nuvé Olá, Cactus Rose, Malena, Sabrina Moda, OZ Mercería, Chuladas y Más, Kukin Calzado Infantil, Da Nosa Terra, FYM Moda, Librería Pelayo, Mercería Carmen, Papelería Cruceiriño, OVS, Dos Pies Zapatería, Librería Agrasar e Carpe Diem.

A campaña contará, polo tanto, con propostas pertencentes a diferentes sectores, como moda, calzado, lencería, mercería, librería, papelería ou produtos da terra, entre outros. Cada establecemento aplicará as súas propias promocións e participará durante o seu horario comercial habitual.

CAMPAÑA DE VISIBILIACIÓN E RENOVACIÓN DE STOCKS

A iniciativa Fóra Stocks Monforte – Comercio na Rúa, antes coñecida como ‘Feira de Oportunidades”, está deseñada e organizada polo CCU para “favorecer a saída de existencias dos negocios participantes, dar visibilidade á variedade da oferta comercial da cidade e xerar un ambiente dinámico e atractivo durante a fin de semana anterior ás Festas Patronais”.

Dende a entidade dinamizadora do comercio de Monforte lembran que será unha boa ocasión para curiosear e aproveitar as boas oportunidades que se presentan ao tempo que se apoia o comercio de proximidade.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...