HomeTerra de LemosMonforte'Xunta local de seguridade' para as Festas Patronais e resto de eventos...

‘Xunta local de seguridade’ para as Festas Patronais e resto de eventos deste verán en Monforte

Olimpia López, subdelegada do Goberno en Lugo, presidiu a mesa de coordinación que tivo lugar o pasado día 29 de xullo na Casa do Concello monfortina.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Olimpia López, subdelegada do Goberno en Lugo, presidiu xunto ao alcalde, José Tomé, a Xunta Local de Seguridade convocada co obxectivo de coordinar o dispositivo de seguridade con motivo das festas patronais e o resto dos eventos que se celebrarán durante o verán.

O operativo previsto para garantir a seguridade durante as festas contará coa participación e coordinación da Policía Nacional, o subsector de Tráfico da Garda Civil, a Policía Autonómica, Protección Civil, bombeiros e a Policía Local. Aproveitando a ocasión, tamén se abordou a situación da seguridade cidadá no concello durante o pasado ano.

Olimpia López puxo en valor a cooperación entre administracións e o traballo coordinado das forzas e corpos de seguridade como elementos clave para garantir tanto a seguridade dos grandes eventos como a tranquilidade no día a día da cidadanía.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...