HomeSucesosA disposición xudicial os detidos da Operación Comunicama, que comezaba cunha tentativa...

A disposición xudicial os detidos da Operación Comunicama, que comezaba cunha tentativa de roubo en Monforte

Cometeron roubos en tendas de Ponferrada, Ribadeo, Viveiro, Arteixo, Ordes, Pontevedra, Ponteareas, Boiro, Santiago de Compostela, Vigo, Tui, Porriño, Sanxenxo, Mieres, Xixón e Cidade Real.

Publicado o

- Advertisement -

EFE.- Fontes da Garda Civil informan de que esta mañá pasan a disposición da autoridade xudicial os tres cidadáns romaneses -un menor de idade e dous mozos de 20 e 26 anos de idade- que foron detidos nunha estación de servizo de Arévalo (en Ávila) como supostos integrantes dunha banda itinerante especializada na comisión de roubos con forza en establecementos de telefonía móbil.

Segundo informou a Garda Civil, a detención destes tres individuos supón a culminación da ‘Operación Comunicama’, unha investigación iniciada no mes de xaneiro ao ter coñecemento dunha tentativa de roubo perpetrada nunha tenda da localidade lucense de Monforte de Lemos.

Os supostos membros desa banda itinerante actuaron en establecementos comerciais das catro provincias galegas, Asturias, Castela e León e Castela a Mancha, onde se fixeron con media ducia de móbiles de alta gama valorados nun importe superior aos 50.000 euros. Os presuntos ladróns utilizaban vehículos de terceiras persoas, non vinculados á suposta banda, o que dificultaba os seguementos por parte dos axentes da Garda Civil.

Desde o seu lugar de residencia, na periferia de Madrid, desprazábanse cara as localidades da zona norte e o centro peninsular, onde realizaban recoñecementos previos para buscar locais que fosen propicios para os seus golpes, para regresar logo aos poucos días e actuar directamente sobre os establecementos seleccionados.

Chegaban a realizar, mesmo, desprazamentos de 1.000 quilómetros diarios para desprazarse ata os seus obxectivos e regresar ao seu lugar de orixe. No momento da súa detención, a Garda Civil interveulles catorce terminais de alta gama, once deles ocultos no dobre fondo do vehículo no que circulaban. Os axentes investigan agora se outros móbiles roubados foron despiezados e vendidos por partes a terceiras persoas. Os detidos serán postos a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Arévalo esta mañá, mentres que o menor pasará á Fiscalía de Menores.

ÚLTIMAS

II Encontro de correlacións empresariais no Polo de Emprendemento de Monforte

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou esta...

Narración oral e teatro familiar en Bóveda esta fin de semana

Dúas interesantes propostas culturais ocupan a axenda no Concello de Bóveda esta fin de...

Chantada, nove anos consecutivos obtendo “4 Flores de Honra” no certame Vilas en Flor

O movemento Vilas en Flor, promovido pola Fundación Juana de Vega, celebrou este venres...

Pontón compromete no primeiro día de campaña do BNG reforzar Monforte como nó ferroviario estratéxico

A portavoz nacional, Ana Pontón, comprometeu o traballo do BNG en Madrid para reforzar...