HomeCulturaO IX Carude Rock chega á Praza da Compañía os días 7...

O IX Carude Rock chega á Praza da Compañía os días 7 e 8 de agosto

Nesta novena edición, o Carude Rock trasládase á Praza da Compañía, despois dunha sentenza por unha denuncia veciñal pola súa celebración en Carude.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este 4 de agosto presentouse no concello de Monforte unha nova edición do Carude Rock, unha cita xa consolidada dentro do calendario musical e festivo da cidade, e que forma parte da programación do Verán Cultural que organiza o Concello de Monforte de Lemos. O festival celebrarase os vindeiros 7 e 8 de agosto, a partir das 20.30 horas, na Praza da Compañía, con entrada libre e de balde.

O Carude Rock converteuse, ao longo destes anos, nun referente dentro do calendario musical da comarca, dúas xornadas de música en directo, convivencia e ambiente festivo nunha contorna privilexiada. A organización anima á cidadanía de Monforte e da comarca, así como ás persoas visitantes, a achegarse os días 7 e 8 de agosto, a partir das 20.30 horas, á Praza da Compañía.

O venres 7, desde as 20.30 horas, contarase coas actuacións de Gato Ventura, Dinosaurios e Extremo (tributo a Extremoduro). O sábado 8, o certame ofrece churrasco e rock’n roll coa participación de Mr. Kamándula e Sr. Salvaje.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...