HomeCulturaMero Iglesias presentou no Círculo Saviñao "Catálogo do cantar de cego galego"

Mero Iglesias presentou no Círculo Saviñao “Catálogo do cantar de cego galego”

Este libro é o primeiro volume, que titulou "Voandeiras", dunha antoloxía que consta de tres ou catro volumes máis e que recollerá gran parte das cantigas recopiladas durante case 50 anos polo autor.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Mero Iglesias presentou no Círculo Saviñao o seu libro “Catálogo do cantar de cego galego”, que forma parte dun proxecto moito máis amplo dedicado a documentar e catalogar esta mostra da música tradicional, unha das obras máis importantes publicadas nos últimos anos sobre o patrimonio dos cantares de cego de Galicia. Acompañaban a Mero Iglesias, dúas compañeiras de “A Quenlla”, Tania e Paloma.

Mero Iglesias no Círculo Saviñao 2026

Mero é un vello amigo e colaborador do Círculo Saviñao. Foi fundador do afamado grupo “Fuxan os Ventos” en 1972 e tamén de “A Quenlla” en 1984. Con máis de 14 discos publicados, leva décadas recopilando tradición oral galega (cantigas, lendas, romances, crímenes, coplas, chistes…) . En 2007 depositou no Museo do Pobo Galego máis de 15.000 documentos, grabacións e materiais etnograficos fruto do seu traballo de campo e que son dun enorme interese porque recupera moitos textos inéditos de distintas partes de Galicia e axuda a preservar un patrimonio oral que prácticamente desapareceu
durante o pasado século.

“Foi un acto entrañable e moi ameno, con actuacións en directo de Mero, Paloma e Tania musicando poemas de amigo de Martín de Pradocelos (século XI) e de Bernardino Graña, entre outros, que os asistentes valoraron e aplaudiron”, destacan desde o Círculo Saviñao.

Mero Iglesias no Círculo Saviñao 2026

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...