HomePolíticaO BNG de Monforte critica que a nova fonte do Parque dos...

O BNG de Monforte critica que a nova fonte do Parque dos Condes vai contra a realidade climática

O BNG de Monforte considera que a situación de prealerta por escaseza de auga evidencia a falta de visión de futuro que supuxo destinar preto de 700.000 euros á construción da nova fonte ornamental do Parque dos Condes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois da posta en funcionamento da nova fonte do Parque dos Condes de Monforte, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil lanzou unha recomendación aos concellos para adoptar medidas de aforro de auga, “entre elas limitar o funcionamento das fontes ornamentais ante a situación de escaseza que afecta tamén ao sistema do Cabe”.

Para o concelleiro do BNG Emilio J. Sánchez, “é difícil atopar un exemplo máis claro do que significa facer política sen pensar no futuro. Acabamos de gastar preto de 700.000 euros nunha enorme fonte ornamental e a realidade climática xa nos está advertindo de que este tipo de usos da auga terán que ser cada vez máis limitados”.

Desde o BNG sinalan que a cuestión vai moito máis alá do episodio actual. As secas, as vagas de calor e as temperaturas extremas son unha realidade cada vez máis frecuente e deben condicionar a maneira na que se deseñan as cidades e, especialmente, onde e como se invisten os recursos públicos.

A esta situación súmase, segundo sinala o BNG, a inusual cantidade de cortes de subministración de auga que se están a producir estes días en diferentes parroquias do municipio, unha circunstancia que consideran especialmente preocupante e sobre a que pedirán explicacións ao goberno municipal.

“Mentres hai veciñas e veciños do rural que están sufrindo cortes de auga nas súas casas, temos funcionando no centro da cidade unha fonte ornamental destas dimensións. Evidentemente son cuestións diferentes e non afirmamos que unha cousa provoque a outra, pero a contradición en termos de prioridades e de modelo de xestión da auga é difícil de explicar”, sinala Emilio J. Sánchez.

O BNG contrapón este modelo coa necesidade de preparar Monforte para soportar temperaturas cada vez máis elevadas, aumentando o arborado, as zonas de sombra, os refuxios climáticos e os espazos verdes, ademais de mellorar e garantir as infraestruturas básicas de abastecemento de auga tanto no núcleo urbano como nas parroquias.

“Cada obra que facemos hoxe condicionará Monforte durante décadas. A sustentabilidade non pode ser un lema que se utiliza cando convén, ten que formar parte de cada decisión e de cada euro público que se inviste. E garantir que a veciñanza teña auga nas súas casas debe estar sempre por diante de calquera uso ornamental”, conclúe Emilio J. Sánchez.

Agresión homófoba en Monforte

O BNG de Monforte condena firmemente a agresión homófoba sufrida o pasado venres por unha veciña da cidade e traslada todo o seu apoio e solidariedade á vítima e ao seu entorno.

A formación nacionalista considera especialmente preocupante que continúen producíndose agresións motivadas pola orientación sexual ou identidade das persoas e advirte da necesidade de actuar fronte á normalización de discursos que atacan os dereitos e a diversidade.

Dende o BNG amosan a súa preocupación pola extensión destes discursos entre sectores cada vez máis novos da sociedade. Para o responsable local do BNG, Manuel Luaces, «é especialmente grave comprobar como mensaxes homófobas e intolerantes están penetrando entre parte da mocidade. Os discursos de odio non son inocuos. Cando se sinala, ridiculiza ou deshumaniza determinados colectivos, estase creando o caldo de cultivo para que despois se produzan agresións coma esta».

O BNG defende a necesidade de reforzar a educación afectivo-sexual, a sensibilización e as políticas públicas en defensa da diversidade, así como de ofrecer unha resposta social clara ante calquera manifestación de LGTBIfobia.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...