HomeDeportesO Club Lemos gaña o Torneo de Fútbol Festas Patronais de Monforte

O Club Lemos gaña o Torneo de Fútbol Festas Patronais de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega este domingo pola tarde do trofeo ao equipo gañador do Torneo Festas Patronais de Monforte 2026.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O partido, disputado no estadio municipal de fútbol da Pinguela, enfrontaba o sábado, desde as 19:00 horas, ao Club Lemos co C.D. O Barco, cun resultado de 3-1.

O rexedor entregou os trofeos ao campión e ao subcampeón consistentes nunha réplica da Torre da Homenaxe de Monforte, nunha xornada que se viviu con emoción ata os últimos minutos do encontro e con numeroso público, que quixo desfrutar da evolución do Lemos nesta fase de preparación, antes de comezar a liga.

O Torneo foi organizado polo Club Lemos coa colaboración do Concello monfortino.

ÚLTIMAS

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...