HomeCulturaA segunda entrega da saga "Toca" preséntase o 21 de agosto en...

A segunda entrega da saga “Toca” preséntase o 21 de agosto en Quiroga e o 25 en Monforte

A escritora coruñesa, Sonia María García García, volveu á narrativa de ficción coa segunda entrega da súa saga “Toca”, ambientada no Courel nos albores da romanización e publicada pola editorial viguesa Belagua Edicións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras o seu paso pola Feira do Libro da Coruña, a autora presentará o novo libro, Toca. El yugo de Roma, este venres 21 de agosto, ás 20:00h no bar A Botica de Quiroga.

O venres, 28 de agosto ás 20:00h farase outra presentación durante a celebración da Feira do Libro de Monforte de Lemos.

A continuación de Toca. El oro de la Gallaecia explora os abusos do poder e a vixencia de valores universais como a solidariedade, o valor e a lealdade, á vez que advirte sobre a fraxilidade do ser humano fronte á natureza. Nela, a galaica Toca emprende, xunto ao seu prometido o prefecto Marco Pompeyo Lépido, unha viaxe ata o corazón do Imperio que poñerá a proba a súa identidade.

Coincidindo coa publicación deste libro, segundo volume da saga, Belagua publicou unha edición revisada do primeiro Toca. Ambos os libros inclúen, nas súas páxinas finais, catro roteiros literarios elaboradas pola autora polos lugares que aparecen en cada un, a modo de invitación a emprender unha viaxe cultural pola serra do Courel, de interese etnográfico, humano, arqueolóxico, paisaxístico e natural.

Sonia María García García é autora de varios libros sobre o territorio do Courel, entre eles O libro do Courel (Belagua, 2016), Un ano non Carballal. Dende a vida tradicional aos novos tempos non Courel (Editorial Canela, 2021), e A Buraca das Choias. Acceso ás entrañas de O Courel (Belagua, 2024), este en colaboración co Club Deportivo Elemental Geoceanic

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...