HomeTerra de LemossanidadeA veciñanza da Pobra do Brollón maniféstase este 25 de agosto ás...

A veciñanza da Pobra do Brollón maniféstase este 25 de agosto ás 12:00 demandando asistencia médica

Baixo o lema «A saúde non pode esperar! A Pobra do Brollón necesita médicos!», os veciños e veciñas da Pobra do Brollón sairán á rúa para expresar publicamente a súa preocupación pola situación da asistencia sanitaria e reclamar ás administracións competentes que adopten as medidas necesarias para garantir un servizo médico digno e de calidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A manifestación veciñal convócase para o martes, 25 de agosto, con saída ás 12:00h do colexio da Pobra do Brollón para rematar no Centro Médico.

Co lema «A saúde non pode esperar! A Pobra do Brollón necesita médicos!», durante a mobilización levarase a cabo unha recollida de sinaturas co obxectivo de trasladar ás administracións competentes o apoio da cidadanía a esta reivindicación e solicitar solucións ante a situación actual.

“Consideramos que esta é unha cuestión de especial importancia para a veciñanza e para o futuro da atención sanitaria na nosa localidade”, animan á participación desde a organización da manifestación.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...