HomesociedadeXVI Feira de Artesanía e Produtos da Terra no Incio este 22...

XVI Feira de Artesanía e Produtos da Terra no Incio este 22 de agosto

A programación dará comezo ás 11:00 horas coa apertura de expositores, nesta edición contarase cun 60 postos. Ás 11:30 horas comezarán os obradoiros participativos da Fundación Pública Artesanía de Galicia .

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A celebración da XVI Feira de Artesanía e Produtos da Terra contará desde as 12:00 da mañá coa Furgoteca, “Cocer e cantar” a cargo de Seisdedos e tamén a esa hora comezará o pasarrúas co grupo ‘As Searas’ e desde as 12:30h haberá unha degustación de xamón de porco celta a cargo de Cárnicas Teijeiro.

De 13:30 a 17:00h poderase desfrutar de xogos de habilidades, feitos con materiais de refugallo. Despois do xantar previsto para as 14:00h, a actividade da tarde comezará ás 16:00h cunha nova sesión de obradoiros abertos de artesanía de Galicia e ás 17:00 actuará a Charanga ‘Sorcha’.

Á tardiña, despois do peche de expositores, haberá unha degustación de iscos de porco celta no guizo e a actuación do grupo ‘Somoza Trío’, prevista para as 22:00h

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...