HomeDeportesIníciase o expediente para a contratación do servizo de cafetería do complexo...

Iníciase o expediente para a contratación do servizo de cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A Xunta de Goberno Local deste luns 24 de agosto acordou aprobar o inicio do expediente para a adxudicación por procedemento negociado do servizo de cafetería mediante concesión demanial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O importe mínimo da concesión é de 400€ mensuais (4.800€/ano) ao que se engadirán os impostos correspondentes. O prazo de duración será de 2 anos, coa posibilidade de dúas prórrogas anuais de ano en ano, de xeito que a duración total da presente concesión, incluídas as prórrogas, non poderá exceder de 4 anos.

A cafetería, completamente renovada, consta dun espazo de 105 m2 e dispón de barra e todo o mobiliario interior necesario para a explotación. Conta, ademais, cunha ampla cristaleira con vista ás piscinas. A instalación dará servizo á Piscina Municipal e ó  Pavillón Polideportivo, polo que se prevé unha alta afluencia de deportistas, clubs, persoal técnico e público asistente a eventos deportivos e público xeral.

“Son moitas as persoas usuarias que utilizan diariamente estas instalacións e queremos ofrecer un servizo de calidade”, apunta o Alcalde. Neste senso, lembra que trala reforma integral primeiro do Pavillón e posteriormente da Piscina, a infraestrutura funciona agora como un complexo deportivo xestionado de forma conxunta.

Características e horarios

A cafetería prestará servizo durante toda a tempada de apertura do complexo deportivo (de xaneiro a decembro) e estará obrigada a manter o servizo no seguinte horario mínimo e máximo:

De luns a venres:

-Mínimo: de 8.00 a 13.00 h e de 16.00 a 21.00 horas.

-Máximo: de 7.30 a 14.00 e de 15.00 a 23.00 horas.

Fins de semana e festivos:

-Mínimo: Sábados: de 10.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 h.

Domingos e festivos: de 10.30 a 14.30 h.

Nas fins de semana e festivos nos que haxa algún tipo de evento ou competición deportiva cuxo horario non estea dentro do mínimo establecido, o concesionario deberá prestar o servizo, a excepción dos domingos e festivos en horario de tarde. Neste caso deberá abrir, como mínimo, 30 minutos antes do evento e ata 30 minutos despois do remate.

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...