HomeEconomía8,3 millóns de euros para renovar o tramo Ourense-Monforte-Lugo

8,3 millóns de euros para renovar o tramo Ourense-Monforte-Lugo

ADIF aprobou a licitación do contrato se subministración e transporte de aparellos para obras de mellora nesta liña de ferrocarril. Esta acción súmase a outras xa en marcha para acadar que a alta velocidade ferroviaria chegue á cidade de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

EP.- O Ministerio de Fomento vén de facer público, nun comunicado, este contrato de abastecemento de material que hai que sumar ao licitado en decembro para a subministración e transporte de 509.764 toneladas de balasto –capa de grava sobre a que se asentan as travesas- distribuído en dous lotes por 12,4 millóns, IVE incluído.

O contrato de subministro e transporte de aparatos de vía contempla a fabricación, premontaxe e comprobación en taller dos aparellos de vía; a carga do aparello e o transporte ao lugar designado pola dirección de obra, así como a subministración e transporte de cupóns mixtos para a soldadura dos aparellos con barra longa.

As actuacións de mellora afectan ao importante tramo de interese para o sur de Lugo, Ourense-Monforte-Lugo, nas que se enmarca a licitación devandita, tendo como obxectivo ‘optimizar’ as condicións do traxecto en relación á seguridade, comodidade e tempos de viaxe.

Os traballos non perderán como referencia a chegada da alta velocidade ferroviaria para o tramo indicado e as acción operativas en marcha relacionadas con esta finalidade son: a reparación de 23 pontes do tramo Ourense-Monforte, a supresión de 36 pasos a nivel no tramo Ourense-Monforte-Lugo e a electrificación de 70 quilómetros de vía para o percorrido Monforte-Lugo.

Pola súa banda, Adif destacou que desde abril de 2018 xa están en servizo a variante A Pobra de San Xiao, entre Monforte e Lugo -duns 7 quilómetros de lonxitude- que suprime 14 pasos a nivel en comparación co anterior trazado, “co consecuente aumento da seguridade ferroviaria, viaria e peonil”.

O importe total das actuacións é de 8.288.023,97 euros e o novo percorrido permite, ademais, o aumento de velocidade pasándo os trens de 80-95 a 160 quilómetros por hora.

 

ÚLTIMAS

Máis de 70 persoas inscribíronse no XI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Do 1 de marzo ao 31 de maio, o Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira...

Xornada de Portas Abertas do ‘Xeocamping Montañas do Courel’

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...

40.000€ da Deputación para mellorar estradas municipais de Sarria e renovar o material de fisioterapia da residencia Nosa Señora do Carme

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres a aplicación dos remanentes obtidos...

Coque Malla, Dorian e Abraham Mateo nas Patronais de Monforte

Nas Festas Patronais deste ano haberá 6 concertos principais, todos eles acompañados de orquestras...