HomesociedadeEste 25 de agosto a Deputación abre novo prazo de solicitudes para...

Este 25 de agosto a Deputación abre novo prazo de solicitudes para xestionar as instalacións de Augas Mestas

- A institución provincial compartiu este luns na Plataforma de Contratación do Sector Público toda a documentación relacionada con este inmoble e as respostas ás cuestións formuladas polas persoas e entidades interesadas no proceso

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A institución provincial publicou este luns a documentación relativa ao inmoble, a acta da visita técnica realizada ás instalacións e o documento que recolle as respostas ás cuestións formuladas durante o proceso. Toda a información facilitada queda á disposición dos potenciais participantes, “garantindo igualdade de condicións e información”.

A publicación desta documentación culmina a fase de aclaracións iniciada coa visita técnica ás instalacións, unha medida adoptada pola institución provincial para facilitar que as persoas interesadas puidesen coñecer directamente o estado do equipamento e resolver as dúbidas que considerasen necesarias antes de concorrer ao procedemento. A Deputación dá por resoltas así as cuestións formuladas e continúa coa tramitación do expediente.

Este martes, 25 de agosto, ábrese o prazo de presentación de ofertas, que permanecerá aberto durante 10 días hábiles. A Deputación subliña que no momento en que se acordou a suspensión do anterior proceso, non se presentara ningunha oferta, “A suspensión, polo tanto, non supuxo a anulación do procedemento, senón unha medida administrativa destinada á resolución das dúbidas formuladas.” Unha vez completada esta fase de aclaracións, o procedemento continúa coa apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

O procedemento en marcha ten como finalidade poñer novamente en funcionamento o Náutico de Augas Mestas e recuperar para a actividade un equipamento de titularidade provincial, contribuíndo á posta en valor deste espazo e do seu potencial turístico e económico.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...