HomeCulturaDo 26 ao 29 de agosto celébrase a XXVII Feira do Libro...

Do 26 ao 29 de agosto celébrase a XXVII Feira do Libro de Monforte

A Feira do Libro de Monforte é unha cita consolidada no verán monfortino e este ano contará coa presenza de 7 casetas que estarán abertas de 11:00 a 14:00 horas pola mañá e 19:00 a 22:00 horas pola tarde. En total, catro xornadas de actividades nas que o público asistente poderá gozar de presentacións de libros e sinaturas das obras por parte dos seus autores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Monforte celebra a XXVII Feira do Libro, que terá lugar na rúa Cardeal desde o mércores 26 ao sábado 29 de agosto. Este evento literario forma parte do programa Verán Cultural do Concello de Monforte e pecha o calendario de Feiras do Libro 2026 da Federación de Librerías de Galicia logo de percorrer outros 12 municipios galegos.

O acto inaugural será o mércores 26, ás 19:00 horas, por parte do alcalde, José Tomé e o pregón correrá a cargo da escritora bovedense Yolanda Álvarez. Participarán, ademais a xerente da Federación de Librarías de Galicia, Olaya Tembra, a Deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro, e o Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo.

O alcalde José Tomé anima “a todos os monfortinos e monfortinas, así como ás persoas que nos visitan estes días, a achegarse a esta Feira do Libro de Monforte para coñecer as novidades literarias e desfrutar de todo o que nos ofrece a literatura, desde os grandes clásicos aos títulos contemporáneos”. Así mesmo, lembrou que todos os libros que se adquiran nesta Feira do Libro monfortina contarán cun desconto do 10%.

As casetas presentes nesta edición son ULA Libraría Social (A Coruña), Libraría Cartabón (Vigo), Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, A Gata Tola (Santiago de Compostela), Librería Entre Libros (Monforte), Libraría Agrasar (Monforte) e Librería Pelayo-Peruchela Edicións (Monforte).

A programación deste ano da Feira do Libro de Monforte inclúe a presenza de varios escritores da Ribeira Sacra, e tamén escritores do resto de Galicia.

MÉRCORES 26 DE AGOSTO

CARPA DE ACTIVIDADES, 19:00 Acto inaugural da Feira do Libro de Monforte, pregón a cargo de Yolanda Álvarez. 20:30 Pura Tejelo presenta “Vestidos de organdí”.

CASETAS LIBRARÍAS, 19:00 Alba López Paredes asina “Nándinor, La leyenda de Noa e Glesea”, na caseta da libraría A Entre Libros. 19:00 Hilda Honorata Suárez asina “Andante solitario”, na caseta da Editorial Peruchela. 20:00 Francisco Narla asina “Ultreia/Suseia”, na caseta da libraría Agrasar.

XOVES 27 DE AGOSTO

CARPA DE ACTIVIDADES,19:00 Cris de Caldas presenta o espectáculo “A bibliotecaria estrafalaria”. Contos, humor, música, e mesmo un chisco de maxia para toda a familia. 20:00 Presentación de “Conciencia dunha tradición. A olería de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós”. Participan Luis Hixinio Flores, Óscar Lantes-Suárez, Mª Pilar Prieto, Manuel Fernández “Lolo”, Orlando Viveiro e Iria Castro, Deputada delegada de Cultura, Patrimonio Histórico-Artístico e Normalización Lingüística. 21:00 Presentación do poemario “Lágrimas verdes”, de Francisco García-López, acompañado pola escritora e divulgadora Techi León.

CASETAS LIBRARÍAS, 11:00 Alba López Paredes asina “Nándinor, La leyenda de Noa e Glesea”, na caseta da libraría A Gata Tola. 11:00 Carlos Villarrubia asina “El hombre nube”, na caseta da libraría Entre libros. 11:00 Manuel Fco. Cao Rodríguez asina “XXXIII Contos” e “O último gaiteiro”, na caseta da editorial Peruchela. 12:00 Rosa Barreiro asina “Ecos del interior: escucha tu alma”, na caseta da libraría Agrasar. 19:00 Alba López Paredes asina “Nándinor, La leyenda de Noa e Glesea”, na caseta da libraría A Gata Tola. 19:00 Noelia Casanova asina “El gran E-Dock”, na caseta da libraría Entre Libros. 19:00 Mars Carballo Losada asina “Colores en el viento” e “Danza de acero”, na caseta da libraría Agrasar. 19:00 Patricia Mariño Rodríguez asina “Quero salvarte amigo mar/Quiero salvarte amigo mar”, na caseta da editorial Peruchela. 20:00 Yolanda Álvarez asina “Pedro e o vagalume”, na caseta da libraría Agrasar.

VENRES 28 DE AGOSTO

CARPA DE ACTIVIDADES, 12:00 Gloria Guerrero García presenta “Devagar pola Ribeira Sacra”, acompañada pola editora Rocío Rodríguez. 19:00 Espectáculo infantil “C@nto contigo” de Paco Nogueiras. 20:00 Sonia María García García presenta “Toca. El yugo de Roma”, acompañada por Carlos López Mouriz. 21:00 “Gañar un premio”. Abril Camino e Óscar Guzmán conversan arredor dos libros “Mulleres que viven xuntas”, Premio Xerais de Novela e “Só os mortos saben a verdade”, Premio de Novela curta Manuel Loureiro Rey

CASETAS LIBRARÍAS, 11:00 Alba López Paredes asina “Nándinor, La leyenda de Noa e Glesea”, na caseta da libraría A Gata Tola. 11:00 Lucía Vázquez asina “Respira Carmela”, na caseta da libraría Entre Libros. 11:00 Vicente Touzón Veiga asina “Desde mi aldea/Desde a minha Aldea – Memorias do Courel e outras historias”, na caseta da Editorial Peruchela. 12:00 Esteban A. Jiménez asina “Niño de barro y su metamorfosis”, na caseta da libraría Agrasar. 12:30 Silvia Tasende asina “Pel Memoria”, na caseta da libraría Ula Libraría Social. 13:00 Loli Rodríguez asina “Nailía”, na caseta da libraría Agrasar. 19:00 Alba López Paredes asina “Nándinor, La leyenda de Noa e Glesea”, na caseta da libraría A Gata Tola. 19:00 Raiza López Henríquez asina “Venezuela en mí”, na caseta da libraría Entre Libros. 19:00 Anxo Muiños asina “As mulas rabuñan o xeo” e “Ri”, na caseta da Editorial Peruchela. 19:00 Abril Camino asina “Mulleres que viven xuntas”, na caseta da libraría Agrasar. 19:00 Óscar Guzmán asina “Só os mortos saben a verdade”, na caseta de Ula Libraría Social.

SÁBADO 29 DE AGOSTO

CARPA DE ACTIVIDADES, 12:00 Contacontos “Pedro e o vagalume” con Yolanda Álvarez. 19:00 Teatro para familias. Pedras de cartón representa a obra “Alicia”. Un espectáculo pensado para gozar en familia, que convida a rir, sorprenderse e deixar voar a imaxinación. 19:30 “Conversa sobre novela negra”: Arantza Portabales e Rober Cagiao conversan arredor das súas novelas. Modera Óscar Guzmán. 20:30 Xulio Pardo de Neyra presenta “Toda a eternidade nun ollar palabras. Tareixa e Marica Campo, Casa e Terra”. 21:00 Poesía Micro aberto.

CASETAS LIBRARÍAS, 11:00 Fernando Domínguez asina “Hasta el mar”, na caseta da libraría Entre Libros. 11:00 Eduardo Montagut asina “La larga posguerra”, na caseta da Editorial Peruchela. 12:00 Fernando Méndez asina “La clave de Mozart”, na caseta da libraría Agrasar. 12:00 Alba Formoso Ramos asina “Entre incienso y recuerdos”, na caseta de ULA Libraría Social. 19:00 Xulio Pardo de Neyra asina “Toda a eternidade nun ollar palabras. Tareixa e Marica Campo, Casa e Terra”, na caseta da Editorial Peruchela. 20:00 Lucía Román asina “El linaje del Cormorán” na caseta da libraría Agrasar. 20:30 Arantza Portabales asina “Asasinato no muiño do cura”, na caseta da libraría Entre Libros.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...