HomeComarca de SarriaSamos'Gardiáns': a exposición fotográfica que visibiliza o valor da gandería

‘Gardiáns’: a exposición fotográfica que visibiliza o valor da gandería

Trátase dun traballo do fotógrafo Jorge Arévalo e poderá verse ata o 11 de setembro na Praza Vergara Vilariño de Samos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A exposición fotográfica “Gardiáns”, do autor Jorge Arévalo, inaugurouse o mércores 26 de agosto e poderá verse ata o 11 de setembro na Praza Vergara Vilariño de Samos. A mostra propón unha mirada íntima ás razas autóctonas e á profunda conexión entre a xente e os animais da nosa terra.

O traballo diario nas ganderías, a pegada dos animais na cultura, os ciclos vitais ou as consecuencias dos lumes na actividade gandeira son algunhas das temáticas desta exposición que promove a Federación Galega de Razas Autóctonas e financia a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A exposición, que puido verse ni Vello Cárcere de Lugo e na Sala de Exposicións nos últimos meses, adopta un formato pensado para espazos ao aire libre que facilitan a súa itinerancia pola provincia.

En primeiro plano, o autor fotográfico Jorge Arévalo falando sobre a mostra aos presentes na inauguración. Foto: Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O proxecto naceu da relación de Jorge Arévalo cun gandeiro de cachenas e da súa colaboración coa Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga), que fixo posible que razas en perigo de extinción como a Frieiresa, Limiá, Cachena, Loura Galega, Vianesa, Caldelá, Ovella Galega e Galiña de Mós sexan as protagonistas.

Ademais, a mostra explora o animalario do entroido galego, con bois, vacas e ‘pelexos’, centrándose nas tradicións máis próximas e auténticas de lugares como O Courel.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...