HomesociedadeA CIG esixe medidas na DomusVi de Monforte para cumprir a ratio...

A CIG esixe medidas na DomusVi de Monforte para cumprir a ratio de persoal e reclama información sobre o brote de sarna de comezos do verán

Segundo a información da que dispón a organización sindical, a día de hoxe non se tería activado de maneira efectiva o “Protocolo de actuación ante a sarna humana en institucións con coidadores”, nin se terían adoptado todas as medidas preventivas e de control necesarias para evitar novos contaxios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A CIG–Unión Local de Monforte denuncia a situación que se está a producir na Residencia de Maiores DomusVi Monforte, onde, segundo a información da que dispón a organización sindical, non se estaría cumprindo o ratio de persoal necesario para garantir unha atención digna, segura e de calidade ás persoas residentes. “A falta de persoal está a provocar unha importante sobrecarga de traballo para a plantilla, con consecuencias tanto sobre as condicións laborais como sobre a calidade e seguridade da atención ás persoas usuarias”, asegura.

A organización sindical reclama á dirección de DomusVi que adopte de maneira inmediata as medidas necesarias para garantir unha dotación suficiente de persoal e o cumprimento dos ratios correspondentes, evitando que a falta de efectivos se traduza nunha sobrecarga permanente para as traballadoras e traballadores.

O sindicato alerta tamén de que hai máis de dous meses se produciu un brote de sarna no centro que afectou, segundo a información da que dispón a organización sindical, polo menos a cinco traballadoras. A organización sindical manifesta a súa preocupación polo feito de que se descoñece se existen persoas usuarias da residencia que puideron estar afectadas ou expostas ao contaxio e cal é a situación actual respecto delas.

Esixe que se informe sobre a situación actual do brote, as medidas adoptadas desde a súa detección e as indicacións recibidas das autoridades sanitarias, así como que se proceda á activación e aplicación efectiva do “Protocolo de actuación ante a sarna humana en institucións con coidadores”, se non se fixo xa.

A CIG considera que a saúde e a seguridade das persoas residentes e do persoal non poden quedar en segundo plano e reclama á empresa unha actuación inmediata para garantir a protección das persoas usuarias e das traballadoras e traballadores do centro.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...