HomesociedadeCase 97.000€ do Plan Camiña Rural investidos no Concello de Sarria

Case 97.000€ do Plan Camiña Rural investidos no Concello de Sarria

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, comprobou esta semana o resultado dos traballos de acondicionamento que se realizaron na vía que une os lugares de San Andrés e Biville, en Sarria, ao abeiro do Plan Camiña Rural 2025-2026. A intervención permitiu mellorar o firme nun tramo de 1.400 metros desta pista, que presentaba desgaste e irregularidades no pavimento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No concello de Sarria, o Plan Camiña Rural supuxo un investimento de 96.752 euros, que se destinaron á mellora de arredor de 4 quilómetros de vías e camiños municipais. Así, ademais da pista entre San Andrés e Biville, melloráronse tamén os accesos aos núcleos de Goimil, desde a estrada LU-636, e Miralde.

Durante a visita, o delegado territorial destacou a importancia deste tipo de actuacións “que contribúen a mellorar a accesibilidade no medio rural, a fixar poboación e a incrementar a competitividade das explotacións agrarias”. Puxo ademais en valor a colaboración entre administracións para executar obras que teñen un impacto directo no día a día da cidadanía.

A última convocatoria deste programa autonómico, correspondente ás anualidades 2026-2027, contempla un investimento total de preto de 19 millóns de euros no conxunto de Galicia. Estes fondos financian actuacións de ampliación ou mellora dos camiños que formen parte da rede viaria de acceso a unha ou a varias entidades de poboación.

ÚLTIMAS

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...