HomeDeportesO CB Lemavos ten prazo aberto de inscrición para a nova tempada...

O CB Lemavos ten prazo aberto de inscrición para a nova tempada na que contará con equipos en categoría junior

O Club Baloncesto Lemavos ten prazo aberto de inscrición para a nova tempada, que se estenderá ata finais do mes de setembro. A dirección deportiva confirma que xa conta con todos os equipos formados, abranguendo dende a categoría Baby (nenos e nenas de aproximadamente 5 anos) ata a categoría Cadete (ata os 16 anos).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo apuntan desde o club, o principal obxectivo desta campaña é atraer á mocidade cara a un deporte que fomenta o traballo en equipo, o esforzo e o compañeirismo. Para garantir a máxima calidade formativa, o CB Lemavos estruturou unha ampla plantilla de adestradores. Todos eles son profesionais titulados e cunha dilatada experiencia nas canchas, que serán os encargados de guiar o desenvolvemento deportivo e persoal dos xogadores e xogadoras.

A pesar de que aínda faltan unhas semanas para o inicio oficial das competicións, dende o club destácase que o traballo interno
non cesa
, “os grupos de traballo e a planificación dos adestramentos xa se atopan totalmente organizados, coa maquinaria
lista para comezar a tempada coas máximas garantías”
.

Ademais, co obxectivo de axudar ás familias, facilitar o acceso ao deporte, e unificar a imaxe do club dende as categorías máis pequenas ata os maiores, o CB Lemavos anuncia unha importante vantaxe para esta campaña: “a cota de inscrición incluirá de xeito gratuíto a equipación oficial de xogo completa para cada neno e nena”.

O prazo para sumarse a este proxecto de canteira estará aberto ata finais de setembro. Para formalizar a inscrición, resolver
calquera dúbida ou solicitar máis información sobre o funcionamento dos equipos, o club pon á disposición das familias
as seguintes vías de contacto directas: teléfono / whatsApp (690 285 524), correo electrónico (cblemavos@gmail.com) e redes sociais (@cb.lemavos, Instagram, Facebook).

Cartel promoción


ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...