HomesociedadeVolve o Viñobús Vendima á Ribeira Sacra do 6 ao 20 de...

Volve o Viñobús Vendima á Ribeira Sacra do 6 ao 20 de setembro

Nesta edición, a actividade desenvolverase os días 6, 12, 13, 19 e 20 de setembro, ofrecendo aos/ás participantes a oportunidade de achegarse á vendima tradicional e coñecer de primeira man o traballo que se desenvolve durante estas semanas nas ladeiras de Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, organízase unha nova edición do Viñobús Vendima, unha das propostas xa consolidadas dentro do calendario enoturístico do territorio.

A experiencia comezará cun paseo polos viñedos acompañados por quen mellor coñece a vide e os seus coidados (saída desde Monforte de Lemos ás 10:30h). Durante o percorrido, os participantes descubrirán as diferentes variedades de uva, as súas características e a importancia do solo, ademais de coñecer máis de preto as particularidades do cultivo en fortes pendentes.

Despois chegará o momento de participar na propia vendima: cortar os acios, recollelos e pisar as uvas como se facía antigamente. A actividade incluirá tamén unha cata de uvas, mostos e viños, que permitirá descubrir diferentes aromas, sabores e texturas e comprender mellor o proceso que leva da uva ao viño. A xornada completarase cun xantar, recuperando así outro dos momentos tradicionalmente ligados á vendima e ao traballo dos viticultores e viticultoras da ribeira. 

O Viñobús Vendima mantén a esencia das edicións anteriores, cun formato pensado para grupos reducidos, favorecendo unha experiencia próxima e de calidade. Trátase, ademais, dunha actividade apta para todas as idades. O prezo da actividade para adultos 15 €; nenos/as (4-12 anos) 10 €; menores de 4 anos gratis. Inclúe traslado desde o punto de encontro, xantar en adega e guía acompañante. Infirmación e reservas en https://turismo.ribeirasacra.org/noticias/vinobus-vendimia-2026. A actividade é para un máximo de 15 persoas co obxectivo de garantir unha experiencia auténtica.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...