HomesociedadeO Saviñao enxalza a cultura do viño na Festa da Vendima da...

O Saviñao enxalza a cultura do viño na Festa da Vendima da Ribeira Sacra

O venres pola tarde o delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, abriu a V Festa da Vendima da Ribeira Sacra, no Saviñao, e destacou a contribución desta iniciativa á promoción do sector vitivinícola e á posta en valor das tradicións e dos produtos da comarca.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Villares, que estivo acompañado polo alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, animou á cidadanía a visitar esta feira, que se desenvolve durante a fin de semana na Devesa de Escairón cunha completa programación con catas de viños, gastronomía, artesanía, xogos tradicionais, música e outras actividades actividades vinculadas á cultura do viño. A Fundación Artesanía de Galicia colaborou por terceiro ano consecutivo con esta festa a través do patrocinio de obradoiros de torno cerámico e para a elaboración dun tapiz.

A xornada central será este domingo, co pregón a cargo do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, a bendición das uvas e dos campos, a pisa oficial e o nomeamento de damas e cabaleiros da Orde de Mencía, entre eles o propio delegado territorial, que tamén recibirá este recoñecemento.

Tamén este domingo de 12:00 a 12:45 e de 14:00 a 14:45 estará aberto o prazo de inscrición para participar da actividade, Tapea con Ternera Galega e Viños Galegos da DO Ribeira Sacra. Para a cata de viños da xornada de mañá a inscrición farase desde as 13:00 e para as catas da tarde de viños e queixos haberá estes horarios de inscrición de 18:00 a 18:45 e de 19:00 a 19:45. Nesta última xornada desde as 17:00h haberá sesión de xogos tradicionais galegos, como este sábado.

Festa da Vendima do Saviñao / Delegación territorial

ÚLTIMAS

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...