HomesociedadeEn marcha a mellora da estrada provincial que conecta Chantada e Carballedo

En marcha a mellora da estrada provincial que conecta Chantada e Carballedo

A Deputación de Lugo está a executar os traballos de mellora da LU-P-1807, a estrada que conecta Chantada e Carballedo por Santa Uxía ata Cartelos. As actuacións que está a levar a cabo a empresa Fevisa Vías y Obras SL comezaron a pasada semana coa limpeza das cunetas e continuarán nos vindeiros días coa mellora da drenaxe e o acondicionamento do firme na vía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estas obras permitirán arranxar case todo o trazado da estrada, desde o inicio da vía ata o punto quilométrico 9,4, cun investimento de case 250.000 euros. O obxectivo é incrementar a seguridade viaria e mellorar as condicións de circulación nesta vía provincial.

Trátase dunha actuación de relevancia para as parroquias de Santa Uxía e Cartelos, nos concellos de Chantada e Carballedo, xa que esta estrada é unha vía de uso habitual para a veciñanza, pois facilita os desprazamentos, o acceso aos servizos e á actividade económica da contorna. Ademais, a mellora desta estrada contribúe a reforzar a conexión e a mobilidade no rural, contribuíndo a fixar poboación no territorio.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...