HomesociedadeO 26 de setembro Triacastela celebra a XIV Feira de Artesanía e...

O 26 de setembro Triacastela celebra a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona

Triacastela acollerá o sábado 26 de setembro a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona, un evento que pon en valor a tradición, a creatividade e a identidade cultural a través da artesanía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Feira está organizada polas Asociacións de Mulleres Rurais de Triacastela e pola Asociación de Artesás do Telar ARTELAR, en estreita colaboración co Concello de Triacastela.

Durante a xornada, veciños e visitantes poderán gozar dun completo programa no que se combinarán obradoiros, degustacións, concertos e outras actividades pensadas para todos os públicos. Durante a xornada actuarán Antonio Barros e Louband, a organización dará a coñecer en breven o nome da persoa que pregoará o evento.

Os artesáns e produtores que queiran participar nesta cita poden chamar ao teléfono do Concello de Triacastela para anotarse ou ter máis información (982 54 81 47).

Feira de Artesanía e Produtos da Zona arquivo / Concello de Triacastela

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...