HomesociedadeO Concello de Taboada adquire as propiedades para a remodelación integral do...

O Concello de Taboada adquire as propiedades para a remodelación integral do Campo da Feira

O Concello de Taboada, por iniciativa da Tenencia de Alcaldía, vén de formalizar a adquisición de varias propiedades situadas entre o Campo da Feira e a Alameda, no centro da vila de Taboada, co obxectivo de levar a cabo unha remodelación profunda desta zona coa dotación de espazos públicos e zonas verdes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Taboada conta agora con tres novas propiedades. Por unha banda o solar situado no inicio da rúa Real fronte á Alameda, 109 m2 de espazo para transformar nunha praza que dea coherencia urbanística a este lugar tan céntrico. Adquiriuse tamén un inmoble de 120 m2 situado xunto á Casa do Concello, que no pasado funcionou como o ‘Matadoiro do Touza’, construído en pedra e con cuberta de madeira, co obxectivo de rehabilitalo para uso público.

O tenente de alcalde, José Portela, salienta que “comprar este inmoble foi un dos obxectivos perseguidos por diferentes gobernos locais desde hai cerca de medio século, polo que podemos considerar esta compra como algo histórico para o noso Concello”.

Finalmente, o Concello adquiriu unha propiedade inmediata ás anteriores, catalogada como zona verde e con cerca de 600 m2, que permitirá abrir unha rúa peonil que conecte directamente a Alameda co Campo da Feira.

José Portela destaca os tres anos de traballo para poder facer estas compras evitando a expropiación, “é de agradecer a boa disposición das persoas propietarias en todo o proceso de negociación e formalización da compra”. O finciamento é posible grazas a varios convenios asinados coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo, entre os anos 2025 e 2026, que permitirán executar as primeiras obras nos vindeiros meses, colaboración que taén agradece Portela.

O Campo da Feira acolleu as feiras mensuais de Taboada ata hai unhas tres décadas polo que ten unha gran significación patrimonial e sentimental para a veciñanza de Taboada. O tte de alcalde asegura que o seu obxectivo é rehabilitar este lugar dotándoo de novas instalacións e zonas verdes. “Estamos moi satisfeitos do conseguido tras anos de xestións, que a partir de agora terán como resultado unha das maiores transformacións urbanísticas da nosa vila. Ao longo dos vindeiros meses, iranse facendo públicos os detalles sobre a rehabilitación destas propiedades e os seis usos e imaxe”, conclúe José Portela.

Propiedades adquiridas para a remodelación do Campo da Feira / Concello de Taboada BNG

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...