HomeDeportesO Quiroga Trail Challenge abre o prazo de inscricións

O Quiroga Trail Challenge abre o prazo de inscricións

Será este 5 de setembro e con expectativas da organización de reunir a 1.300 corredores no territorio do Xeoparque Montañas do Courel.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O vindeiro Quiroga Trail Challenge celebrarase os días 20 e 21 de febreiro de 2027, mais este sábado 5 de setembro comezará a inscrición ás 20:00 h na propia páxina web do evento:

O Concello de Quiroga e o Montouto Club de Montaña preparan a 13ª edición da gran cita do trail running no noroeste peninsular esperando que se alcancen os 1.300 participantes, unha cifra límite para garatir a seguridade e a sustentabilidade da contorna. A comarca de Quiroga e o Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel, espazo protexido na Rede Natura 2000, son os piares fundamentais do desafío. “Os seus vales, sendas históricas e crestas non só ofrecen un terreo técnico invernal de máxima esixencia, senón que sitúan a comarca como un referente do turismo deportivo sustentable”, comentan dende a organización ao tempo que engaden “o evento consta de dúas etapas independentes con distancias adaptadas a todos os niveis, dende atletas de ultra resistencia ata sendeiristas”.

SÁBADO 20 DE FEBREIRO: TRAIL DO CASTELO

Desafío Xeoparque 50 Km: 50 km | +2.800 m / -2.800 m (Semi-autosuficiencia)

Trail do Castelo 28 Km: 28 km | +1.650 m / -1.650 m (Semi-autosuficiencia)

Minitrail do Castelo 19 Km: 19 km | +1.100 m / -1.100 m (Semi-autosuficiencia)

A Carreiriña do Castelo 10 Km: 10 km | +400 m / -400 m (Autosuficiencia)

Andaina do Castelo 19 Km: 19 km | +1.100 m / -1.100 m (Camiñada non competitiva)

Andaina do Castelo 10 Km: 10 km | +400 m / -400 m (Camiñada non competitiva)

DOMINGO 21 DE FEBREIRO: TRAIL DO LOR FISIOSPORT

Minitrail do Lor 18 Km: 18 km | +1.250 m / -1.250 m (Autosuficiencia)

A Carreiriña do Lor 9 Km: 9 km | +600 m / -600 m (Autosuficiencia)

Andaina do Lor 9 Km: 9 km | +600 m / -600 m (Camiñada non competitiva)

MODALIDADE CIRCUÍTO (COMBINADA SÁBADO + DOMINGO)

Para disputar a clasificación xeral do Quiroga Trail Challenge e completar o reto por etapas, os corredores deben combinar obrigatoriamente as probas do sábado e do domingo:

ModalidadeSábado (Trail do Castelo)Domingo (Trail do Lor)Distancia Total
Circuíto DesafíoDesafío Xeoparque 50KMinitrail do Lor 18K68 KM
Circuíto TrailTrail do Castelo 28KMinitrail do Lor 18K46 KM
Circuíto MiniMinitrail do Castelo 19KMinitrail do Lor 18K37 KM
Circuíto CarreiriñaCarreiriña do Castelo 10KCarreiriña do Lor 9K19 KM
Circuíto Andaina 19Andaina do Castelo 19KAndaina do Lor 9K28 KM
Circuíto Andaina 10Andaina do Castelo 10KAndaina do Lor 9K19 KM
COMPROMISO MEDIOAMBIENTAL

Fiel á ética do trail running, o evento aplica estrictos protocolos de residuo cero: balizaxe 100% reutilizable sen plásticos, prohibición absoluta de recipientes desbotables nos avituallamentos e recollida posterior do trazado a cargo dos corredores vasoira.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...