HomesociedadeAcacio Saco protagonista da celebración en Monforte do patrón do Colexio de...

Acacio Saco protagonista da celebración en Monforte do patrón do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia

O Colexio de Xestores Administrativos de Galicia celebrou esta fin de semana no Parador de Monforte de Lemos a festividade de Santo Cayetano de Thiene, patrón dos xestores administrativos, nun acto que reuniu a máis de 200 persoas entre colexiados, familiares, representantes institucionais e amigos da corporación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A celebración contou coa presenza do alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, e do xefe provincial de Tráfico en Lugo, Alberto Rodríguez Fernández, alén da presidente do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia, Pilar Otero Moar, membros da Xunta de Gobierno, delegados territoriais e colexiados das catro provincias galegas.

A delegada do Colexio en Lugo, Pilar Núñez Torrón, foi a encargada de dar a benvida aos asistentes e destacou a especial vinculación dos xestores administrativos coa Administración de Tráfico e co servizo que prestan a cidadáns, autónomos e empresas. A xornada tivo como un dos seus momentos centrais o recoñecemento aos colexiados que cumpren 25 e 50 anos de traxectoria profesional, como mostra de agradecemento á súa dedicación e contribución ao desenvolvemento da profesión en Galicia.

A presidenta do Colexio, Pilar Otero, subliñou durante a entrega que 25 anos representan “un cuarto de século de traballo, de aprendizaxe, de cambios e de compromiso cos clientes e coa nosa profesión”, mentres que alcanzar os 50 anos supón “practicamente unha vida profesional”.

Homenaxe ao legado de Acacio Saco, colexiado en Monforte

O discurso de clausura da presidenta do Colexio estivo marcado así mesmo polo concepto de legado, nun escenario como o Parador de Monforte de Lemos, antigo palacio dos señores de Lemos e un dos grandes enclaves históricos de Galicia. Pilar Otero quixo aproveitar a celebración para lembrar a figura de Acacio Saco, profesional histórico de Monforte de Lemos e fundador da Xestoría Saco, un dos despachos máis veteranos da localidade. “Cambiou a Administración, cambiaron as normas, cambiaron os procedementos e cambiou radicalmente a tecnoloxía coa que traballamos. Pero hai algo que permanece: o legado e a confianza”, sinalou Otero no seu discurso final.

A presidenta reivindicou así o papel dos xestores administrativos como profesionais que acompañan a cidadáns, autónomos e empresas ante unha Administración cada vez máis complexa e dixitalizada. “A confianza dun cidadán que entra nun despacho porque necesita que alguén lle axude; a confianza dun autónomo que necesita orientación; a confianza dunha empresa que necesita un profesional que coñeza os procedementos e saiba como acompañala”, afirmou.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...