HomeDeportes​O monfortino Lucas Pavón Sanmartín, subcampión de España de pesca

​O monfortino Lucas Pavón Sanmartín, subcampión de España de pesca

Pertence ao Club Pesca Río Cabe e competía días atrás no río Órbigo de León coa Selección Galega Xuvenil.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O Club Pesca Río Cabe vén de colleitar un gran éxito nacional e reafirma o valor da súa Escola de Pesca. Faino grazas ao subcampionato do pescador Lucas Pavón, mozo deportista que ademais foi recoñecido como Deportista de Alto Nivel.

O club monfortino desprazouse días atrá ata terras leonesas para participar no XXIX Campionato de España de Selecións Autonómicas de Salmónidos Mosca Juventud, evento celebrado do 3 ao 6 de setembro nas augas do río Órbigo. ​A representación do club estivo encabezada polo seu presidente e adestrador, Roberto Martínez Díaz, quen acompañou desde o martes 1 de setembro a Lucas Pavón Sanmartín, integrado na Selección Autonómica Galega. “Lucas completou un campionato impecable que o levou a conquistar o segundo posto e a medalla de prata nacional ao combinado galego”, comentan dende a entidade deportiva monfortina.

​RECOÑECEMENTO AO ESFORZO, AO EQUIPO E AO LABOR DE CANTEIRA

​​O Club Pesca Río Cabe quere salientar con este resultado o traballo do seu presidente e adestrador, Roberto Martínez Díaz, e dos adestradores Elsa, Antonio e Jose no desenvolvemento e éxitos da canteira. A cita no río Órbigo deixou ademais un gran fito para a entidade monfortina co nomeamento oficial de Lucas Pavón Sanmartín como Deportista de Alto Nivel. Unha distinción que supón unha xusta recompensa ao esforzo, adestramento e disciplina do mozo pescador.

Lucas Pavón e Roberto Martínez. Foto: Club Pesca Río Cabe.

​Finalmente, tamén sinalan dende o Club que “este éxito pon de manifesto tamén o bo facer e o noso compromiso a través da Escola de Pesca, unha iniciativa fundamental para a promoción do deporte base, a formación de novos talentos e a transmisión do respecto polo contorno natural ás novas xeracións”.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...