HomeTerra de LemossanidadeA CIG Saúde reclama a apertura inmediata da Planta de Medicina Interna...

A CIG Saúde reclama a apertura inmediata da Planta de Medicina Interna no Hospital de Monforte

O sindicato denuncia que este luns, 7 de setembro, suspendéronse os quirófanos de traumatoloxía "e iso débese ao colapso do Hospital pola falta de camas durante o verán".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A CIG Saúde asegura que a suspensión dos quirófanos débese á falta de cama para ingreso dos quirófanos, “As plantas no verán estiveron ao 90-100% de ocupación, salvo casos puntuais. Houbo que facer cambios de pacientes entre plantas incluso de noite, sen respetar o descanso dos pacientes.”

Nesta situación denuncian que aumenta a carga de traballo dos supervisores para poder ingresar todo o que había pendente de urxencias e os programados, “As mañás eran caóticas xa que había que buscar habitacións para todo o que quedaba en observación de noite, e incluso nalgunha ocasión tívose que trasladar a Lugo a pacientes que tiñan que ingresar por falta de camas”.

Segundo o sindicato a media de pacientes vistos en urxencias os meses estivais foi de 57, con días de ata 90, “sen reforzo de persoal e incluso con espazo insuficiente”.

Con todo un ano máis pídenlle á Dirección solución ao peche de plantas que se fai durante o verán cando aumenta a poboación e que se reabra de maneira inmediata a Planta de Médicina Interna.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...