HomesociedadeO 13 de setembro ás 12:00 "Monforte en Marcha contra o Cancro"

O 13 de setembro ás 12:00 “Monforte en Marcha contra o Cancro”

A quinta edición da Carreira e Andaina, “Monforte en Marcha contra o Cancro” que a delegación lucense da Asociación Española contra o Cancro (AECC) organiza coa colaboración do concello de Monforte celebrarase o domingo 13 de setembro, ás 12.00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A V edición de “Monforte en Marcha Contra o Cancro” pretende fomentar a práctica de actividade física como parte dun estilo de vida saudable e contribuír á concienciación social na loita contra o cancro. Así, a recadación da proba destinarase a mellorar a vida das persoas con cancro e das súas familias e impulsar a investigación oncolóxica, co obxectivo de contribuír a superar o 70% de supervivencia no ano 2030.

O prezo da inscrición é de 10 euros, con camiseta, e as inscricións poden realizarse ata o xoves 10 de setembro ás 23:59 horas a través da páxina web da AECC.

Tamén existe a posibilidade de inscribirse presencialmente ata o 11 de setembro, de 11:00 a 13:00 horas, na sede local da asocaición en Monforte: Rúa Ricardo Quiroga, s/n, baixo local nº4. O sábado, 12 de setembro, poderá facerse tamén de 17:00 a 20:00 horas, na rúa Cardeal.

Para quen se inscriba o mesmo día da carreira habilitarase unha carpa na Explanada da Compañía, de 10:00 a 12:00 horas. O prezo será o mesmo con dereito a camiseta, ata agotar existencias.

Así mesmo, para aquelas persoas que queiran colaborar sen participar na carreira, está dispoñible o dorsal cero (inscrición solidaria coa aportación económica elixida).

A entrega de dorsais e camisetas realizarase o sábado 12 de setembro nunha mesa na rúa Cardenal, en horario de 17:00 a 20:00h, e o propio día do evento, domingo 13 de setembro, na Praza Compañía, en horario de 10:00 a 12:00 horas.

A tte de alcalde, Gloria Prada anima á cidadanía a participar masivamente nesta quinta edición, contribuíndo así a facer desta marcha unha nova demostración da solidariedade dos monfortinos e monfortinas e do compromiso da cidade coa loita contra o cancro.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...