HomeMedio ambiente e PatrimonioO Concello de Chantada recolle por sexto ano a Categoría Ouro de...

O Concello de Chantada recolle por sexto ano a Categoría Ouro de Praias sen Fume

O Concello de Chantada revalida a Categoría Ouro de Praias sen Fume do Programa Galego de Promoción dunha Vida Sen Tabaco, que promove a Rede Galega de Praias Sen Fume.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, recollía en Begonte esta distinción que a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade concede á Praia Fluvial do Sangoñedo, son 6 anos recibindo este recoñecemento. “A Praia do Sangoñedo consolídase como espazo libre de fume para fomentar hábitos saudables e concienciar tamén aos máis cativos de que nestas zonas de lecer e de diversión se pode evitar o consumo de tabaco”, explica o alcalde.

Nunha Praia sen Fume non se fuma en toda a zona do areal para avanzar na percepción social do tabaco, convertindo este espazo en educativo e preventivo nun camiño cara unha sociedade libre de tabaco.

Na Praia Fluvial do Sagoñedo e a súa contorna, a brigada de Parques e Xardíns do Concello de Chantada, leva a cabo traballos de mantemento durante todo o ano por tratarse dun espazo de acceso libre e gratuíto de interese para a veciñanza. Estas tarefas intensifícanse durante a tempada estival cando a boa climatoloxía aumenta a afluencia de veciños e visitantes que atopan aquí un lugar lúdico no que desfrutar da natureza e da familia e amizades, sen fume.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...