HomesociedadeA veciñanza da Pobra do Brollón volve a concentrarse o 11 de...

A veciñanza da Pobra do Brollón volve a concentrarse o 11 de setembro reclamando médicos

Baixo o lema «A saúde non pode esperar! A Pobra do Brollón necesita médicos!», os veciños e veciñas da Pobra do Brollón volverán a saír á rúa para expresar publicamente a súa preocupación pola situación da asistencia sanitaria

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con estas mobilizacións reclámase ás administracións competentes que adopten as medidas necesarias para garantir un servizo médico digno e de calidade. A concentración está programada para este venres, 11 de setembro, ás 12:00h diante do Centro de Saúde da Pobra do Brollón. Durante a mobilización tamén se levará a cabo unha recollida de sinaturas entre os veciños e veciñas, co obxectivo de trasladar ás administracións competentes o apoio da cidadanía a esta reivindicación e solicitar solucións ante a situación actual. A veciñanza considera que esta é unha cuestión de especial importancia para conseguir unha atención sanitaria de calidade no municipio e animna á participación.

No Centro de Saúde da Pobra do Brollón cóntase con dúas prazas de medicina, unha delas está cuberta, pero a outra corresponde a un médico que se xubilou e está sen cubrir. O alcalde, Xosé Lois Maceda, asegura que “a falta deste médico subtitúese por profesionais que non son sempre os mesmos e que non veñen todos os días, afectando de modo significativo á calidade asistencial do centro”, máis nun territorio con moita poboación maior e con patoloxías crónicas.  

O rexedor comunicoulle esta situación desde o inicio ao xerente da Área Sanitaria, Ramón Ares, que lle trasladou a vontade de solucionalo, “pero seguimos igual”, e Maceda anuncia que seguirán participando nas concentracións veciñais, “seguimos apoiando esta demanda que está facendo a plataforma para ter unha asistencia sanitaria como nos merecemos na Pobra. A veciñanza padece as consecuencias de listas de espera, a calidade da asistencia non é a que debera, a pesar da boa vontade dos profesionais; e as persoas afectadas demandan o que cren oportuno. Ímolas acompañar en todo momento para que quede claro a nosa reivindicación”.

Centro Saúde A Pobra do Brollón / XdL

Xosé Lois Maceda lamenta que se fale de que hai que reverter a situación no rural cando seguen sen cubrirse servizos fundamentais. Á necesidade de cubrir a praza de médico engádese a falta de pediatra, “A xente da Pobra non ten pediatra, está de baixa e non se cubriu, o que provoca un trastorno importante para as familias que teñen que levar aos nenos a outros centros. Imos seguir pelexando para que toda esta situación se resvolva o máis pronto posible”.

Pola súa banda o voceiro do PP na Pobra do Brollón, Teddy López, anuncia tamén que participará este venres na concentración e asegura que “comprendemos perfectamente a preocupación da veciñanza. A Xunta de Galicia traballa para garantir a presenza dun facultativo no municipio, pero non foi posible debido á falta de profesionais dispoñibles, unha realidade que afecta non só á Pobra do Brollón, senón ao conxunto do sistema sanitario do Estado. Esta situación ten unha causa estrutural que o Goberno de España continúa sen resolver”.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...