HomeMovementos sociaisCOGAMI comeza o curso con formación inclusiva para profesorado e familias

COGAMI comeza o curso con formación inclusiva para profesorado e familias

O proxecto 'Red DUActiva: Diversidade, Acción e Transferencia na aula' é unha iniciativa que COGAMI está a desenvolver en colaboración con COCEMFE (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica) para avanzar cara a unha educación plenamente inclusiva.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

‘Red DUActiva: Diversidade, Acción e Transferencia na aula’ é unha iniciativa financiada pola Fundación ONCE e o Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030 que ten como obxectivo garantir o dereito á educación inclusiva do alumnado con discapacidade mediante unha intervención integral dirixida a toda a comunidade educativa.

Entre as actuacións desenvolvidas por COGAMI, en colaboración con COCEMFE, atópanse a formación e capacitación do persoal docente, o acompañamento aos centros educativos, a elaboración de materiais baseados no Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA) e o apoio ás familias, promovendo redes de colaboración e espazos para compartir coñecementos e experiencias.

BALANCE DO PROXECTO NO 2026

No que levamos de ano, Red DUActiva asesorou en materia educativa a 34 familias e chegou a 50 centros educativos e 30 entidades. Ademais, formou 325 docentes e sensibilizou a preto de 1.400 alumnas e alumnos nas catro provincias galegas. No sur de Lugo desenvolveuse nos concellos de Chantada, Pantón, Samos e Bóveda.

CONTINUIDADE DO PROXECTO NESTE NOVO CURSO

Co inicio deste curso, durante o primeiro trimestre o programa continuará coa formación dirixida ao profesorado e ás familias, a elaboración de novos materiais DUA e o préstamo de produtos de apoio aos centros educativos para facilitar a participación do alumnado que os precise. Ademais, segundo explican dende COGAMI, “manterase a atención e orientación ás familias de alumnado con necesidades educativas especiais derivadas da súa discapacidade, ofrecendo información e acompañamento adaptados ás súas necesidades”.

Entre os produtos de apoio máis solicitados destacan os dispositivos relacionados cos Sistemas Aumentativos e Alternativos da Comunicación (SAAC), así como diferentes solucións tecnolóxicas, como tablets, teclados e outros dispositivos que facilitan a comunicación, a aprendizaxe e a participación do alumnado.

Red DUActiva aposta, en definitiva, por trasladar a inclusión á práctica diaria dos centros educativos, proporcionando ferramentas e recursos que permitan eliminar barreiras e favorecer a igualdade de oportunidades para todo o alumnado.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...