HomesociedadeCogami mellora as instalacións dos espazos que ofrece aos seus usuarios en...

Cogami mellora as instalacións dos espazos que ofrece aos seus usuarios en Monforte de Lemos

A entidade está executando diversas actuacións de mellora nas instalacións do seu centro de atención diúrna e das vivendas tuteladas. O obxectivo é optimizar os espazos e incrementar a súa funcionalidade, adaptándoos ás necesidades das persoas participantes e dos profesionais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co obxectivo de seguir mellorando a calidade dos seus programas e servizos, a Asociación AGORA de Persoas con Discapacidade da Comarca de Lemos está executando diversas actuacións de mellora nas instalacións do seu centro de atención diúrna e das vivendas tuteladas, co propósito de optimizar os espazos e incrementar a súa funcionalidade, adaptándoos ás necesidades das persoas participantes e dos profesionais.

“Nas vivendas tuteladas reorganizáronse e optimizáronse os espazos destinados á lavandería e á despensa, favorecendo un funcionamento máis eficiente e unha mellor utilización das instalacións. En canto ao centro de atención diúrna, as obras realizaranse na zona de almacén, para mellorar a súa organización e capacidade de almacenaxe, e tamén se habilitará un vestiario para persoal”, comentan dende a entidade asistencial.

Para a execución destas melloras, a Asociación AGORA conta co financiamento procedente do 0,7 % do IRPF, a través das achegas realizadas polas persoas contribuíntes que marcaron o recadro 106 de Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social, coñecida como X Solidaria, uns fondos xestionados pola Xunta de Galicia que permiten impulsar proxectos de mellora nas entidades que, como no caso de AGORA, forman parte do Terceiro Sector.

Estas obras de mellora son unha aposta da asociación AGORA pola modernización e adaptación das súas instalacións, promovendo espazos máis accesibles, funcionais e sostibles que repercutan directamente na calidade de vida das persoas e nas condicións de traballo dos profesionais.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...