HomeSucesosDesactivada a situación 2 no incendio do Concello de Quiroga, onde soben...

Desactivada a situación 2 no incendio do Concello de Quiroga, onde soben a 420 as hectáreas queimadas

Esta situación operativa de emerxencia declarouse o mércores 16 de setembro pola proximidade do lume a tres núcleos de poboación. Ao evolucionar favorablemente a extinción decidiuse baixar ao nivel 1.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural vén de informar que se desactivou a Situación 2, declarada o mércores pola tarde como medida preventiva no incendio forestal activo que afecta ao Concello de Quiroga. Esta situación operativa de emerxencia decretouse pola proximidade do lume aos núcleos de Casa do Vello, As Barxas e Penas Rubias pero agora evoluciona favorablemente cara a súa estabilización.

O incendio forestal que afecta ao concello de Quiroga, en Lugo, calcina xa 420 hectáreas, segundo a última actualización da Consellería do Medio Rural, difundida pouco antes das 14.00 horas deste xoves. O lume continúa fóra de control, aínda que Medio Rural xa indicara na noite do mércores que “evoluciona favorablemente cara á súa estabilización”. Con todo, a estabilización aínda non foi comunicada oficialmente. Na mañá deste xoves, en declaracións a Europa Press, o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, valorou que “mellorou moito a situación” nas últimas horas.

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...