HomeDeportesXIII Carreira Popular de Taboada

XIII Carreira Popular de Taboada

O evento celébrase o vindeiro 26 de setembro e constará de varias carreiras: a absoluta de 10 quilómetros, outra de 5 e as carrereiras escolares dende 100 a 1500 metros.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Taboada acollerá en poucos días a coñecida Carreira Popular “Entre pazos e carballos”, proba que chega á súa XIII edición e que organiza a Asociación Cultural O Carballo. Forma parte do circuíto de carreiras populares do GDR Milo-Ulloa e conta, entre outros, coa colaboración da Área de Cultura e Deporte do Concello.

O evento constará de varias carreiras: Ás 18 horas terá lugar a carreira absoluta (10.000 m.) e a carreira de 5 quilometros, e ás 19:30 h. faranse as carreiras escolares (dende 100 a 1500 metros).

Os atletas disporán dunha zona de estacionamento nas inmediacións do Pavillón Deportivo Municipal e unha vez rematada a proba estarán a disposición dos corredores as duchas nas instalacións do Pavillón Deportivo Municipal.

As inscricións poden facerse antes do 24 de setembro na páxina web de CC Norte e para ampliar a información pode contactarse coa asociación organizadora a través do seu correo electrónico seguinte: ac.ocarballo@gmail.com

Dende o Concello de Tabaoada comunican que se publicará en vindeiras datas un bando informativo coas rúas afectadas que se cortarán mentres duren as probas. En todo caso, os cortes terán lugar pola tarde de 17:00 a 20:30 horas aproximadamente.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...