HomeDeportesApertura do prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Municipais de Chantada

Apertura do prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Municipais de Chantada

O prazo comezará o vindeiro luns, 21 de setembro, e o desenvolvemento das actividades alongarase ata o 21 de xuño. Dámos conta da oferta deportiva.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As diferentes actividades programadas dende a Área de Deportes do Concello de Chantada comezarán este 21 de setembro e alongaranse ata o 21 de xuño. Desenvolveranse no Pavillón Deportivo Municipal, nos pavillóns dos centros de ensino da vila, no Estadio Municipal de Ou Sangoñedo e na Piscina Climatizada, con propostas todos os días ata que finalice o curso escolar.

OFERTA DEPORTIVA

Segundo informan dende o concello, mantense a oferta deportiva atendendo a todas as idades desde preescolar ata maiores de 60 anos establecéndose as seguintes modalidades:

Nenas e nenos: fútbol sala, fútbol, bádminton, tenis de mesa, pádel, baloncesto, ximnasia rítmica, tenis, voleibol, natación, patinaxe artística, escola de porteiros/as, patinaxe, multideporte e psicomotricidade, atletismo (cros) e bailes de salón.

Adultos: bailes de salón, tenis, atletismo (cros), fútbol 11 veteranos, pickleball, padel, bádminton, educación física e cardio, patinaxe, ximnasia de mantemento e sendeirismo.

Maiores de 60 anos: bailes de salón, sendeirismo, bádminton, ximnasia, ximnasia de mantemento.

Actividades deportivas adaptadas para persoas con discapacidade intelectual ou física en colaboración con Asdeme e Albores.

Con máis de tres décadas de traxectoria, as actividades das Escolas Deportivas Municipais amplíanse cada ano e as novidades que se incorporan desfrutan de gran aceptación. Na pasada edición contouse con novas disciplinas para adultos que funcionaron moi ben, pádel, iniciación á patinaxe e atletismo cros.

Nesta ocasión introdúcese a modalidade de bailes de salón e estilo libre con profesor titular para infantil. Tamén haberá algunha pequena modificación de horarios para unha mellor coordinación dos distintos espazos.

“As Escolas Deportivas Municipais de Chantada ofrecen propostas participativas e inclusivas para promocionar hábitos deportivos saudables e mellorar a técnica e a disciplina deportiva. Este servizo que ten vocación comarcal abre a inscrición tamén a persoas interesadas doutros concellos, sen custo adicional e nas mesmas condicións que as persoas residentes en Chantada”, comentan tamén dende a Área de Deportes.

INSCRICIÓNS

A folla de inscrición está ao dispor das persoas interesadas, a través da web municipal, na Casa do concello, no Pavillón Municipal ou nos centros de ensino. A formalización do pago para a matrícula debe facerse no servizo de recadación do Concello de Chantada antes do 31 de outubro para poder participar das actividades.

Establécese unha cota única de 70€, coa que cada persoa ten dereito a inscribirse en 3 actividades deportivas, contando con descontos para familias numerosas e IPREM.

Para máis información dirixirse á oficina do Pavillón Municipal: luns e mércores de 20:15 a 21:15 h. Calquera dúbida atenderase de luns a venres en horario de 10:00 a 21:00 h. ou no teléfono: 616 53 33 39.

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...