HomeEconomíaA Deputación traballa na rehabilitación de estradas provinciais en Taboada e Quiroga

A Deputación traballa na rehabilitación de estradas provinciais en Taboada e Quiroga

No ámbito da mobilidade, a xunta de goberno vén de dar un novo impulso á mellora da rede de estradas provinciais con varias actuacións en concellos da provincia. Entre eles, Taboada e Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Taboada quedou licitada por 223.601 euros a rehabilitación do firme da LU-P-1809, a estrada que comunica Chantada con Antas de Ulla. A actuación afectará ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 12,3 e 15,3, desde Taboada dos Freires ata a altura da parroquia Cal de Mourelle.

As obras, cun prazo de execución de catro meses, consistirán na reapertura de cunetas, pavimentación con aglomerado en quente e reposición da sinalización.

A xunta de goberno aprobou tamén a licitación en Quiroga doutras dúas actuacións por un importe conxunto de 158.374 euros. A Deputación actuará, por unha banda, nos primeiros sete quilómetros da LU-P-5001, entre Ponte Barreiro e Vilarbacú. E pola outra, nun quilómetro da LU-P-5004, que vai dende A Cruz de Outeiro ao límite da provincia por Ferramulín.

En total son oito quilómetros de estradas provinciais nos que se vai mellorar a drenaxe, rehabilitar a estrutura  e rehabilitar o firme, cun prazo de execución de catro meses.

Ademais a xunta de goberno acordou adxudicar dúas actuacións máis, ambas as dúas a OVISA Pavimentos y Obras SLU.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...