HomeMovementos sociaisCelebración do 'Día Mundial do Alzheimer' e demanda de maior financiamento público

Celebración do ‘Día Mundial do Alzheimer’ e demanda de maior financiamento público

O luns 21 de setembro, Día Mundial do Alzhéimer, a Confederación Española de Alzheimer e outras demencias (CEAFA) conmemorará tal data baixo o lema “NON, xa non é a resposta" reclamando máis atención e máis medios para combater esta enfermidade. AFAMON visibilizou a causa en Monforte cunha mesa informativa.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A Confederación Española de Alzheimer e outras demencias (CEAFA), conmemora este ano o ‘Día Mundial do Alzheimer’ para  denunciar a apatía e pasividade da Comisión Interministerial de Prezos do Medicamento tras adoptar unha decisión negativa a aprobación de dous novos tratamentos innovadores para o Alzheimer e para reclamar ademais unha serie de medidas que son as seguintes:

-O inmediato financiamento público dos novos tratamentos para o Alzheimer con independencia das escusas habituais.

-A adaptación dos sistemas e servizos, escoitando e apoiando os profesionais sanitarios.

-Que nos procesos a partir de agora deben establecerse, considérese e respecte o principio de equidade para todas as persoas afectadas por Alzheimer.

-Que se respecte e atenda o dereito das persoas para recibir o tratamento máis adecuado para as súas necesidades de saúde.

-Que o Estado deixe de ignorar e abrace a innovación actual e futura nun campo, como o Alzheimer, que tivo que esperar 120 anos para dispoñer dun tratamento que ataque a enfermidade.

O lema empregado é “NON, xa non é a resposta”, trasladando unha mensaxe de que hai que actuar e non dar máis negativas nin adiar medios e medidas que axuden a combater esta doenza que afecta en España a case 5 millóns de persoas o que equivale a preto do 11% do total da poboación do estado.

ALGÚNS DATOS SOBRE AS DEMENCIAS EN GALICIA

Estímase que 70.000 persoas teñen demencia en Galicia; 4 de cada 100 persoas e 15 de cada 100 persoas maiores de 64 anos. O envellecemento é o principal factor para a aparición dunha demencia e as proxeccións demográficas de Galicia nos próximos anos fan prever un aumento das persoas maiores de 65 anos do 23,15% actual ao 41% no ano 2050, aparellado a un descenso xeral da poboación. O Instituto Nacional de Estatística (INE) prevé que, para o 2050, Galicia terá 1.762.249 habitantes, dos cales o 41% serán maiores de 65 anos.

ACCIÓN REALIZADA POLA ENTIDADE AFAMON

O sábado 19 de setembro, entre as 10 e  as 14 horas, a entidade de carácter social AFAMON puxo unha mesa informatica na rúa Cardenal de Monforte (zona peonil) onde membros da xunta directiva, voluntarios e traballadores realizaron as seguintes actividades dirixidas á poboación en xeral: información sobre a enfermidade  e as actividades da asociación, entrega gratuíta de folletos informativos  con consellos para coidadores de persoas coa enfermidade de Alzhéimer, venda de lotería de Nadal con donativo (a partir do luns 21 de setembro a lotería tamén se pode adquirir no local social na R. Doutor Casares nº 35, baixo de Monforte), e exposición de traballos manuais realizados coa colaboración das persoas usuarias da entidade.

Mesa de AFAMON na Rúa Cardeal de Monforte. Foto: Afamon.
Folletos, manualidades, etc de AFAMON. Foto cedida por eles.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...