O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións recollidas durante as últimas semanas contra o proxecto da nova ponte do Malecón.
A formación nacionalista destaca que se trata unicamente das alegacións recollidas directamente polo BNG. “Durante as mesas informativas numerosas persoas achegáronse coas súas propias alegacións xa preparadas e outras levaron formularios para presentalos pola súa conta”, aseguran. Ademais, asociacións veciñais e culturais recolleron copias para distribuír e cubrir entre as súas persoas asociadas.
Manuel Luaces sinalou que “o máis importante non é só o número de alegacións, durante estas mañás na rúa percibimos un descontento moi amplo e transversal entre a veciñanza, tamén entre persoas con sensibilidades moi diferentes”.

BNG entrega alegacións Ponte do Malecón / BNG

