HomesociedadeA Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

A Deputación de Lugo prevé aprobar no pleno do próximo martes as cesións da Casona ao Concello do Incio e dunha parcela situada na contorna do club fluvial de Maiorga ao Concello de Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da Deputación, Carmela López, e o obxectivo é dar solucións a problemas que veñen de vello. “Queremos que a Casona sexa unha oportunidade para o futuro do Incio”, reiterou a presidenta da institución, como xa fixo este verán durante a visita que realizou ao Incio. “Dixemos que estabamos abertos a resolver un problema que levaba anos enriba da mesa e, tras estudar o anteproxecto que hai para poñer este edificio ao servizo da cidadanía, decidimos atender a solicitude do Concello”.

Esta cesión vai suxeita a unha aportación futura de 250.000€ para axudar a rehabilitar o edificio, que está fronte ao consistorio e é un emblema do Incio. O plan é recuperar o inmoble e a súa contorna como espazo público de ocio e deporte, a modo de prolongación da Praza da Cruz.

A Casona foi adquirida pola Deputación hai dúas décadas mediante expropiación. Dende entón, a institución fixo varias obras de seguridade no edificio, como o apuntalamento da fachada provincial e a retirada de elementos da cuberta que tiñan risco de caída á vía pública.

No Concello de Pantón, a Deputación cederá unha parcela na Maiorga, próxima ao pantalán municipal que dá acceso ao río e que o Concello prevé mellorar. O rexedor levavaba tempo reclamando que ese terreo lle fose cedido ao Concello, xa que é a única forma de garantir o acceso á instalación fluvial. “Son dous exemplos máis de que cando as peticións que se lle fan á Deputación están na súa man e son asumibles e beneficiosas para os veciños, este goberno aténdeas, veñan de quen veñan”, recalcou a presidenta provincial.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...