HomePolíticaO PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

Non é a primeira vez que o Grupo Municipal Popular solicita que os terreos da Finca de Tor se cedan a iniciativas agrogandeiras. “Vemos como moitas explotacións enfróntanse a dificultades para medrar, non podendo acceder a terreos adecuados de pastos, o que limita a súa capacidade de crecemento e modernización”, explican.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o Concello de Monforte inste á Deputación a coidar e poñer en valor os terreos pertencentes á Finca de Tor, un espazo que “podería cederse a iniciativas gandeiras para aproveitar os terreos, poñelos e valor a axudar a xerar riqueza no municipio e fixar poboación”..

Segundo os populares, a cesión ordenada e regulada de parte destas terras pertencentes ao Pazo de Tor ás explotacións gandeiras da zona, mediante formulas xurídicas adecuadas (convenios, concesións, etc ) permitiría reforzar a viabilidade do sector gandeiro existente na comarca, así como manter o valor histórico, cultural e, sobre todo, paisaxístico da Finca de Tor que, na actualidade, se encontra a monte e descoidada.

Este espazo conta cunha superficie de 250 hectáreas, con arboredo e parcelas cultivables, así como un amplo estanque de auga.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...