A oferta deportiva para este curso divídese en actividades para nenos e nenas (entre os 6 e os 15 anos) e actividades para persoas adultas (a partir de 16 anos) cun total de 283 prazas ofertadas. Concluído este proceso, quedan libres 73 prazas.
PERSOAS ADULTAS
| MODALIDADE | PRAZAS LIBRES |
| XIMNASIA DE MANTEMENTO MARTES E XOVES 10:30 – 11:30 H. | 7 |
| XIMNASIA DE MANTEMENTO LUNS E MÉRCORES 17:00 – 18:00 H. | 6 |
| XIMNASIA DE MANTEMENTO MARTES E XOVES 17:00 – 18:00 H. | 3 |
| TAI CHI MARTES (19:45 H.) – VENRES (20:00 H.) | 5 |
| IOGA LUNES E MÉRCORES 16:15 – 17:15 H. | 5 |
| ZUMBA ADULTOS | 4 |
NENOS E NENAS
| MODALIDADE | PRAZAS LIBRES |
| PÁDEL | 10 |
| GOLF | 4 |
| KUNG FU | 10 |
| ZUMBA INFANTIL | 19 |
A matrícula nas prazas dispoñibles farase directamente na Oficina Municipal de Deportes. Máis información: 982 875 430 e deportes@concellodemonforte.com
No que se refire aos cursos de natación que se ofrecen na Piscina Climatizada Municipal, a día de hoxe están matriculadas un total de 194 persoas nalgunha das 264 prazas ofertadas. Todas aquelas persoas interesadas en inscribirse nalgunha das prazas que quedan dispoñibles pódeno facer directamente a través da Piscina Municipal. Máis información: 982 202 965 e apinguela@ideasdebolina.com
A actividade de cada unha das modalidades deportivas dará comezo no mes de outubro de 2026 e prolongarase ata finais do mes de maio de 2027, completando así un total de 8 meses lectivos. O custe por modalidade e participante é de 92,70€ por todo o curso, cunha bonificación do 50% para aquelas persoas que pertenzan a familia numerosa.
Requisitos e documentación para a matrícula
Requisitos para participar nas Escolas Deportivas Municipais:
- Para participar en escolas de nenos e nenas, ter entre 6 e 15 anos de idade.
- Para participar en escolas de persoas adultas, ter 16 anos ou máis.
- Estar empadroado ou empadroada no Concello de Monforte
- Aceptar e cumprir as condicións establecidas para a actividade.
- Non ter impedimentos para a práctica deportiva e asumir os riscos da mesma.
A documentación a presentar é a seguinte:
- Modelo de solicitude normalizado SER-DE-125
- Fotocopia do DNI do solicitante
- No caso de que o solicitante sexa menor de idade fotocopia do DNI do pai, nai ou titor/a que figura como tal na solicitude.
- Certificado de titularidade de conta bancaria, no caso de que o modelo de solicitude non estea asinado pola entidade bancaria no espazo correspondente.


