Villares sinalou que a Xunta traballa para favorecer o acceso da cidadanía á vivenda, impulsando novas construcións para engrosar o parque público e reformando os límites de renda para permitir o acceso de máis persoas ás adxudicacións; os interesados deben inscribirse no Rexistro único de demandantes de vivenda.
Así mesmo, o Instituto Galego da Vivenda e Solo ten abertas varias convocatorias de axudas destinadas á compra, rehabilitación ou alugamento. Entre elas, cabe citar os apoios para a adquisición ou autopromoción de vivendas en concellos de ata 10.000 habitantes, o programa de avais ou o Bono de alugueiro social.

