HomeDeportesO Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O club monfortino competiu este domingo, xunto con outros catro equipos galegos, nas augas do río Tea, no Concello de Mondariz Balneario. A nivel individual acadou 6 medallas e Xoel Fernández rematou como campión galego en C-1 e K-1.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51 deportistas inscritos de cinco clubs: CDM Piragüismo Dumbría, Club Quixos, Miño-Os Teixugos, Penedo-Teimporta e Tea de Mondariz Balneario. A relación definitiva recollía 74 inscricións entre as modalidades de kayak individual (K1) e canoa individual (C1), ademais de seis abridores.

Esta xornada, que transcorreu cun gran ambiente competitivo, puxo fin á tempada regular do piragüismo de base confirmando aos campións e campioas galegos/as das diferentes categorías.

O Club Quixós desprazouse a Mondariz Balneario con 11 piragüistas e acadou 7 medallas individuais. Por equipos, acadou o segundo posto a moi pouca distancia do club gañador: o CDM Piragüismo Dumbría.

Podio por equipos. Foto: XMF.
MEDALLEIRO

Xoel Fernández Méndez subiu ao máis alto do podio declarándose campión galego en C-1 e K-1 na categoría infantil; en K-1 infantil foi medalla de bronce Lucas Pavón; na categoría de alevín, Manuel Rodríguez e Breixo Fernández foron bronce en K-1 e C-1 respectivamente; e Leo Bello foi ouro en K-1 prebenxamín.

ÚLTIMAS

Comeza o XVII Concurso de Tapas da Guimaralia na Pobra do Brollón

O XVII Concurso de Tapas da Guimaralia, certame gastronómico organizado polo Concello da Pobra...

Otero chama en Sarria a concentrar o voto progresista no PSOE

Ante máis dun cento de veciñas e veciños de Sarria e da contorna, Patricia...

Ribeira Sacra pecha outubro cun 59,78 % de ocupación, superando o 89 % na ponte do Pilar

Os datos recollidos entre os establecementos turísticos do territorio reflicten unha evolución positiva da...

Córtase ao tráfico a estrada provincial entre San Clodio e Alto da Cruz polas obras de rehabilitación que comezaron este 26 de novembro

A actuación, cun investimento de 136.000€, abrangue o tramo comprendido entre os puntos quilométricos...