O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025: 53 xustificáronse e ingresáronse ás entidades beneficiarias, mentras as dúas restantes se atopan en trámite de xustificación, dentro do prazo establecido.
A área provincial tramitou 17 subvencións excepcionais -solicitadas e consignadas ao longo do ano – das que 14 se pagaron e 3 figuran en trámite de xustificación, tamén dentro do prazo establecido.
No tocante ao 2026, Deportes tramitou 59 das 60 subvencións nominativas que figuran no Orzamento e atendeu 21 solicitudes de anticipo de pago, un procedemento que se realiza a demanda das entidades beneficiarias e que permite adiantarlles unha parte do importe concedido.
O vicepresidente, Efrén Castro, lembrou que “a Deputación inviste 3,2 millóns de euros en axudas directas a deportistas e clubs profesionais e de base da provincia” e emprazou ao Partido Popular “a poñer enriba da mesa os datos de axudas directas a clubs por parte da Xunta de Galicia”.

