HomeMovementos sociais‘Vivas e Visibles’, programa de actividades no mes da muller en Sarria

‘Vivas e Visibles’, programa de actividades no mes da muller en Sarria

O concello organiza varias actividades educativas e culturais esta fin de semana para concienciar sobre a igualdade. Presentacións, homenaxes ou a II Carreira da Muller son algunhas delas.

Publicado o

- Advertisement -

Será a III edición deste ciclo, que baixo o lema “Vivas e Visibles”, aposta un ano máis por iniciativas divulgativas e culturais que pretenden concienciar á cidadanía sobre a necesidade dunha igualdade efectiva e real.

Esta mañá houbo xa unha interesante actividade no IES Xograr Afonso Gómez. Baixo o título “Memoria do Silencio”, título do libro de Eva Mejuto, a autora falou sobre mulleres silenciadas da Historia e estivo acompañada musicalmente de ‘Su Garrido Pombo’.

Para o sábado día 9 de marzo está programada a II Carreira da Muller ‘Vivas e Visibles’. A saída será ás 18:00 h. no Bulevar de Calvo Sotelo á altura de Catro Camiños e a meta estará no Malecón do Río. Haberá dúas modalidades, a carreira para maiores de 12 anos e unha alternativa para todas as idades sendo a distancia a percorrer de 5 quilómetros. O percorrido non presenta desnivel, mestura zona urbana con natureza e estará moi ben sinalizada. A entrega de dorsais será no Malecón do río Sarria de 16:00 a 17:30 h, os menores de idade deben ir acompañados dun adulto e cómpre inscrición previa nesta web. Ao rematar, a organización ofrece avituallamento sólido e líquido a todos/as os/as participantes.

Outra das actividades deste programa é “Ollares de Liberdade” na que se fai unha homenaxe ás mulleres da Comarca de Sarria. Será o domingo 10 de marzo ás 19:00 h. na Casa da Cultura. Mulleres que souberon rachar moldes na procura dunha liberdade que lles permitiu exercer diferentes oficios: Palmira Días Gallego, Teresa López Méndez, Purificación García Hevia, Pilar García, Marité Guillade, Concha López Fernández, Violeta Bernardo e Amable Alonso.

ÚLTIMAS

Os veteranos do Club Quixós de piragüismo fan pleno no podio nunha proba disputada en Portugal

O Club Quixós desprazábase esta pasada fin de semana ata Portugal para competir na...

Courel Vivo pide que se inclúan os concellos de montaña na nova lei de administración local

Desde Courel Vivo consideran que eliminar adminstrativamente as comarcas levará a distanciar máis os...

O territorio do Lor e o Xeoparque Montañas do Courel confírmanse como referencia para o trail running a nivel nacional

A XII edición do Quiroga Trail Challenge vén de rematar cun gran éxito de...

Sober presenta o cartel da Feira do Viño e a programación do Mes do Amandi

O deseño que anuncia a Feira do Viño de Amandi presentouse no miradoiro de...