HomesociedadeMonforte "tómase a peito" o cancro de mama

Monforte “tómase a peito” o cancro de mama

Este 19 de outubro pola mañá a rúa Cardenal de Monforte acolleu os actos organizados pola delegación monfortina da Asociación Española Contra o Cancro, AECC, para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro de Mama, baixo o lema “Tomámolo a peito”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante toda a mañá, representantes e colaboradores da AECC ofreceron información sobre a actividade da Asociación e animaron á cidadanía a adquirir unha planta para colaborar coa AECC na loita contra esta enfermidade.

O Día Mundial contra o Cancro de Mama conmemórase todos os anos o 19 de outubro, co obxectivo de sensibilizar, concienciar, coñecer e darlle visibilidade a esta enfermidade. A través do manifesto, a Asociación incide na necesidade de “tomarse a peito” unha patoloxía que cambia a vida e marca un punto e aparte nas mulleres que reciben este diagnóstico.

Entre as actividades deste luns celebrouse un acto floral e lectura de manifesto aos que se sumaron o alcalde de Monforte, José Tomé, a tenente de alcalde, Gloria Prada e os concelleiros de Obras, Medio Rural, e Servizos, José Luis Losada; Deportes, José Manuel Mougán; Muller, Igualdade e Consumo, Regina López, e Medio Ambiente, Miguel Tomé.

Como sinal de apoio a todas as persoas afectadas, a xornada completouse coa ilumincación de cor rosa na Torre da Homenaxe. O Concello colabora estreitamente coa Asociación Española contra o Cancro en Monforte, coa cesión de 3 locais para dita asociación, desde os que atenden a pacientes e familiares relacionados con esta enfermidade. Tamén participa na organización da Carreira contra o Cancro, que se celebra en setembro.

Día Mundial contra o cancro de mama 2026 / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

O colectivo Lemos Le celebra o ‘Día das Bibliotecas’

O colectivo Lemos Le, formado por bibliotecas escolares, bibliotecas públicas municipais (BPM) e a...

Remata a pavimentación da rúa Calvo Sotelo de Monforte cun investimento de 183.000€

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada, e...

A piscina climatizada de Monforte incrementa nun 86% o número de abonados desde a súa reapertura trala reforma

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, amosa a súa satisfacción pola evolución experimentada...

CSIF denuncia que Correos mantén sen cubrir preto do 60% do persoal de repartición de Monforte

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) denuncia a grave falta de persoal...