HomesociedadeEn marcha o estendido do aglomerado na estrada provincial que vai de...

En marcha o estendido do aglomerado na estrada provincial que vai de Mundín a Taboda por Adá

A Deputación de Lugo continúa cos traballos de rehabilitación do firme da estrada provincial LU-P-6001, que conecta Taboada con Mundín por Adá. A actuación comprende os primeiros 6,16 quilómetros desta vía, entre a N-540 e a LU-213 e conta cun investimento de 296.526,23 euros

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos centráronse esta semana no fresado do firme e no estendido dunha nova capa de aglomerado en quente de cinco centímetros de espesor medio. O proxecto inclúe tamén a reapertura de cunetas existentes para recuperar a súa sección e facilitar a evacuación da auga, así como a limpeza dos elementos de drenaxe transversal.

Construirase ademais un paso elevado para peóns e un muro para estabilizar un noiro onde se detectaron gretas no firme. Tamén se renovará a sinalización horizontal e vertical.

A LU-P-6001 conta cun trazado de case 14 quilómetros e as obras en marcha abranguen os primeiros 6,16 quilómetros da estrada, o 44% do seu trazado principal. Unha actuación que vén complementar outra que fixo a Deputación de Lugo recentemente nos tres seguintes quilómetros, case ata o quilómetro 10.

Esta é unha estrada fundamental para vertebrar Taboada, conectar o núcleo urbano con dúas parroquias importantes como Adá e Mundín e enlazar coa rede viaria que comunica o municipio coa súa contorna.

ÚLTIMAS

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...

“Artur Ui, o ovo da serpe”, este 22 de outubro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Máis de 1.400 inscritos e 8 casas do terror no QuiMedo que se celebra este 24 de outubro

O pavillón municipal, será unha vez máis o centro neurálxico do QuiMedo. Abrirá a...

Chantada reabre ao tráfico a rúa Serra do Faro, con importantes melloras despois do temporal do pasado inverno

Despois de ver as consecuencuias do temporal, o Concello de Chantada informou da situación...