HomesociedadeRaquel Arias, regresa ao IES Río Cabe para compartir as súas experiencias...

Raquel Arias, regresa ao IES Río Cabe para compartir as súas experiencias profesionais

A vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia, Raquel Arias, visitou esta semana o IES Río Cabe de Monforte de Lemos para compartir co alumnado de 1.º de Bacharelato a súa experiencia vital e profesional. A charla tivo lugar no salón de actos do centro, nun encontro que permitiu achegar a realidade da política galega á comunidade educativa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a súa intervención, Raquel Arias fixo un percorrido pola súa traxectoria vital, desde os seus primeiros anos en Proendos, no concello de Sober, ata a súa etapa como estudante no IES Río Cabe, onde viviu experiencias académicas e persoais que contribuíron á súa formación. Cun ton próximo e distendido, compartiu tamén algunhas anécdotas e «segredos» da súa época de estudante, así como o xeito natural no que foron xurdindo os seus intereses e inquietudes ata decidirse por estudar Xornalismo.

A continuación, repasou a súa carreira profesional no ámbito xornalístico e explicou como foi dando o paso ao mundo da política, unha actividade na que afirma sentirse moi a gusto, aínda que tamén implica sacrificios e importantes responsabilidades.

A súa intervención conseguiu captar a atención do alumnado, que tivo a oportunidade de coñecer máis de preto o funcionamento da actividade política e de intercambiar opinións con ela sobre diferentes cuestións de actualidade. A igualdade, a importancia da participación e a necesidade de escoitar e dialogar ocuparon tamén un lugar destacado nun encontro que promoveu a reflexión e o espírito crítico entre os estudantes.

Raquel Arias puxo así de manifesto o valor da comunicación, da escoita activa e do respecto polas opinións alleas como ferramentas fundamentais para abordar as diferenzas e resolver conflitos, tanto na vida pública como nas relacións persoais.

Desde o IES Río Cabe agradecen a súa dispoñibilidade e xenerosidade por regresar ó centro e compartir co alumnado a súa experiencia vital, académica e profesional. A súa visita constitúe unha oportunidade para achegar referentes próximos ós estudantes e axudarlles a comprender que as decisións, as inquietudes e as experiencias de cada etapa da vida poden abrir camiños cara a futuros profesionais moi diversos.

ÚLTIMAS

Quiroga destina 22.600€ a “Un Soño de Nadal”

Esta decoración con puntos estratéxicos nos que se concentrará a maior parte da decoración:...

A Piscina Municipal Climatizada de Chantada faise máis accesible

Despois de renovar antes do verán o sistema de ventilación das salas de ximnasia,...

O equipo da Fundación Breogán, con integrantes da Asociación PRODEME de Monforte de Lemos, recibiu as súas novas equipacións

A Fundación Breogán celebrou un acto de entrega de equipacións deportivas ao seu equipo...

“Explorando perdas” con Paula Santos este 28 de outubro no Faladoiro de Quiroga

A cita este mércores na Biblioteca do Centro Social de Quiroga. Coa axuda de...