Homesociedade103.990 euros para mellorar a iluminación de 8 rúas de Monforte

103.990 euros para mellorar a iluminación de 8 rúas de Monforte

As melloras faranse en rúas troncais da cidade, Duquesa de Alba, San Lázaro, Calvo Sotelo, San Pedro, Coruña, Chantada, Teceláns e Ourense, beneficiando directamente a 3.000 veciños.

Publicado o

- Advertisement -

O actual alumeado público dispón dunhas instalacións nun estado aceptable, pero enerxeticamente ineficientes, segundo apuntan desde o concell0. Proxéctase a substitución das luminarias e refórmaranse e colocaranse 4 novos cadros de mando con protección contra sobretensións.

Os novos equipos estarán formados por elementos de tecnoloxía moderna e alta eficiencia enerxética, de tecnoloxía LED, con protección térmica e diferencial, con encendido mediante programador astronómico e con equipos electrónicos multinivel de preprogramado.

En total cambiaranse 175 luminarias. Coas novas instalacións redúcese o consumo en 58.261 KWh/ano, pasando dun consumo actual de 92.151 KWh/ano a un consumo coa nova instalación de 33.889 KWh/ano, o que supón un aforro do 63,22 % do consumo.

O orzamento de licitación que inclúe o proxecto e dirección de obra ascende a 103.990 euros. A financiación deste orzamento procede nun 80% do IDAE (Instituto para a diversificación e aforro da enerxía, do Ministerio de Industria) e o 20% restante con fondos do Concello. O proxecto prevé 3 meses de prazo de execución.

Neste momento está aberto o prazo para a presentación de ofertas por parte das distintas empresas que queiran optar á realización desta obra, tendo previsto reunirse a Mesa de Contratación para abrir as ofertas presentadas o luns día 18 de marzo ás 9 da mañá.

Cando estean rematados estes traballos serán máis de 50 as rúas e prazas da cidade que viron mellorado o alumeado público. Segundo o concello, estas actuacións converten a Monforte nunha cidade máis luminosa e máis segura.

ÚLTIMAS

Operativo especial ante a chegada da borrasca Ingrid, recoméndase precaución desde este venres

Espérase que Ingrid, un fronte de frío ártico, afecte á provincia desde a madrugada...

José Tomé propón unha dedicación exclusiva en Monforte tras dimitir como presidente da Deputación de Lugo

O alcalde de Monforte, José Tomé, levará ao pleno do vindeiro luns, 26 de...

Ribeira Sacra reforza en Fitur a candidatura a Patrimonio da Humanidade

Durante o acto institucional de presentación da candidatura, organizado pola Consellería de Cultura, Lingua...

O 14 de febreiro Sober celebra o desfile de Entroido e o Baile da Cachucha

O sábado, día 14, a festa empeza ás 17:00h co desfile de Entroido...